E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Romería do Agarimo 2014/15

xoves, 25 de xuño de 2015


O pasado venres día 19 celebrouse a tan esperada festa Fin de Curso 2014/15. Grandes e pequenos gozaron da insuperable animación que correu por parte de AbeloniActividades Sociculturales: xogos populares, taller de chapas, inchables e animación musical. Tamén tivemos o xa tradicional taller de maquillaxe a cargo da nosa compañeira de ANPA, Araceli e o noso photocall. Só nos faltou un gaiteiro…bueno, alí estaba o noso polvo. Eiiii Carballeira!!

Tampouco quedou ninguén sen merenda: pais, nais, avós, avoas, nenos e nenas... todos gozaron das numerosas viandas que preparamos tanto o ANPA coma todos aqueles pais que quixeron colaborar. Houbo tortillas, empanadas, biscoitos, galletas, bocadillos, torradas de queixo de Arzúa con marmeleiro, espetos de froita, chocolate quente e a saída unha sobremesa moi orixinal e refrescante: unha piruleta xeada.

Moitas grazas a todos por vir e por colaborar.

Moitas grazas a Fina e a Antonio, por axudarnos a recoller todo e por estar sempre ahí.

Moitas grazas a Abel, grande entre os grandes!

Moitas grazas a Jardanay, polas súas empanadas de follado e polo seu chocolate.

Dicirvos que nos levamos unha pequena decepción con Panadaría Rozas, que sempre colaborou connosco na festa fin de curso. A decepción non a levamos por non colaborar senón pola explicación absurda que nos deu. En fin, eles o perden...

Nesta festa sacáronse poucas fotos, posto que a nai que sempre colabora connosco, con isto, lle foi imposible asistir. Así que se tedes fotos e non vos importa compartilas, nolas podedes mandar a anpa.agarimo@gmail.com e poñerémolas no seguinte álbum.


Feliz verán a todos! Vémonos en septiembre, se cadra antes ;-) 

“Se vende una mula” - I Premio de Teatro no XVIII Certame "Candilejas don Bosco"


O día 20 de xuño foi a entrega de premios do XVIII Certame de Teatro "Candilejas don Bosco" no colexio Calvo Sotelo, no que participou a nosa escola con dúas obras: “Se vende una mula” e "El caramelito sin sabor y sin color".

E como xa vos adiantamos por facebook gañamos o primeiro premio da categoría Benxamín con "Se vende una mula", consistente nun "Goya" e nun cheque de 300 euros. Tamén recibimos 3 mencións especiais á actriz principal e ao actor destacado na obra gañadora, aparte do premio ao mellor actor masculino, que recaeu no actor principal da obra " El caramelito sin sabor y sin color ".

Parabéns rapaces e moitas grazas a Adelaida polo seu brillante traballo como profesora de teatro.


E agora un pouco de silencio, que se vai abrir o pano.... Con todos vostedes “Se vende una mula”

Actividades estivais en Arena Padel




Dende Area Pádel anímannos a participar na súa escola e campamentos de verán que realizarán durante os meses de Xullo e Agosto.

Poderedes deste xeito gozar de novas actividades, metodoloxías, adestramentos, clinics e moitas outras sorpresas que prepararon. Ademais diso, ofrécennos unha novidade nas súas actividades como é un Clinic dun día sobre a bandexa e o remate que cren será moi interesante.


Achegámosvos o cartel coas actividades que terán durante estes dous meses.

Feliz santo Antonio!

sábado, 13 de xuño de 2015


Hoxe é o santo dos Antonios e Antonias e o anpa quere felicitar particularmente un, xa que é o último que celebrará aquí, no noso colexio. Ao noso querido conserxe Antonio, moitas felicidades! 

Como sabedes Antonio xubilarase en Decembro e este será o último curso que estará connosco integramente. A pesar da súa fama de ser algo rosmón, botarémolo en falta e moito. Os alumnos que pasamos por este colexio, da que teño o orgullo de formar parte, naqueles marabillosos últimos anos 70, temos como referencia a un home que non exercía como mestre nas nosas clases pero si no noso día a día. O noso señor Antonio foi un dos que máis saen nas conversacións cando nos reunimos antigos alumnos e sempre de forma positiva, non en van foi unha das persoas que máis nos marcou polo seu bo facer. Agora que son nai de alumnos non podo máis que recordalo con moito cariño. 

Como membro desta anpa, a gratitude multiplícase, non en van Antonio sempre está aí, abrindo e pechando portas a deshora, botándonos unha man no que faga falta, dando tempo do seu tempo e a pesar da súa seriedade, é un home moi entrañable. Fíxonos graza cando nos presentaron a nova aplicación TokApp School, na que supostamente todas as circulares quedarán arquivadas e será máis doada a súa busca.... A persoa que veu, falou sen coñecer o noso Antonio, que as ten todas arquivadas por datas, cursos e temas, dun xeito perfecto e meticuloso. Iso é só un exemplo pero hai moitos máis que son exemplo dun traballo ben feito, un traballo que non se ve, pero que é tan importante para que todo funcione á perfección. 

Serva isto para facerlle unha pequena homenaxe. Grazas Antonio! Unha aperta!

Romería Fin de Curso 2014/15

xoves, 11 de xuño de 2015

 
O venres día 19 de xuño, de 16:30 a 18:30 nos vamos de Romería!! Recordade que para poder asistir a festa deberedes pasar polo noso local a recoller a entrada, que terá un prezo de 1 euro para os socios e 2 euros para os non socios. Todo aquel que recolla a súa entrada antes do día 18 de xuño (incluido) poderá participar no sorteo dunha tablet valorada en 100 euros.

Recordade como sempre que todos os nenos deberán vir acompañados dun adulto e queda prohibida a entrada a todo neno alleo ao colexio, exceptuando irmáns de alumnos, que sí poderán entrar.
Haberá inchables, animación, talleres con diferentes actividades e un “furancho” onde poderedes degustar unha merenda moi tradicional.
 
Como sempre nos gustaría que nos axudásedes a preparar esa merenda, ben achegando algo feito que poderían ser uns sándwiches, tortilla, empanada... Todo o que queira colaborar, por favor que nolo comunique previamente para poder organizar. Moitas grazas de antemán.
 
Feliz verán a todos. Vémonos á volta das vacacións

Exhibicións de Actividades Extraescolares

martes, 2 de xuño de 2015

Como xa sabedes o venres pasado foi o remate das exhibicións das diferentes actividades extraescolares. Estos días estivemos recopilando fotografías, duns pais e doutros, e que quedarán como recordo do traballo dos nosos fillos durante o actual curso escolar.

Podedes aproveitar este post para contarnos que vos pareceron as actividades, cousas a mellorar, que vos gustaría que houbese e non hai, e todo o que se vos ocurra.

Graciñas pola vosa paciencia.

Premede sobre a imaxe para acceder aos álbums das diferentes actividades. Notaredes a falta dalgunha actividade, iremos colgando mais fotos según nos vaian chegando. Disculpade.

https://www.dropbox.com/sh/2s1k62ep89dpnsf/AAD_68VLLF299u1KUCiz3voXa?oref=e&n=163902964

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: