E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Feliz santo Antonio!

sábado, 13 de xuño de 2015


Hoxe é o santo dos Antonios e Antonias e o anpa quere felicitar particularmente un, xa que é o último que celebrará aquí, no noso colexio. Ao noso querido conserxe Antonio, moitas felicidades! 

Como sabedes Antonio xubilarase en Decembro e este será o último curso que estará connosco integramente. A pesar da súa fama de ser algo rosmón, botarémolo en falta e moito. Os alumnos que pasamos por este colexio, da que teño o orgullo de formar parte, naqueles marabillosos últimos anos 70, temos como referencia a un home que non exercía como mestre nas nosas clases pero si no noso día a día. O noso señor Antonio foi un dos que máis saen nas conversacións cando nos reunimos antigos alumnos e sempre de forma positiva, non en van foi unha das persoas que máis nos marcou polo seu bo facer. Agora que son nai de alumnos non podo máis que recordalo con moito cariño. 

Como membro desta anpa, a gratitude multiplícase, non en van Antonio sempre está aí, abrindo e pechando portas a deshora, botándonos unha man no que faga falta, dando tempo do seu tempo e a pesar da súa seriedade, é un home moi entrañable. Fíxonos graza cando nos presentaron a nova aplicación TokApp School, na que supostamente todas as circulares quedarán arquivadas e será máis doada a súa busca.... A persoa que veu, falou sen coñecer o noso Antonio, que as ten todas arquivadas por datas, cursos e temas, dun xeito perfecto e meticuloso. Iso é só un exemplo pero hai moitos máis que son exemplo dun traballo ben feito, un traballo que non se ve, pero que é tan importante para que todo funcione á perfección. 

Serva isto para facerlle unha pequena homenaxe. Grazas Antonio! Unha aperta!

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: