E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Romería Fin de Curso 2014/15

xoves, 11 de xuño de 2015

 
O venres día 19 de xuño, de 16:30 a 18:30 nos vamos de Romería!! Recordade que para poder asistir a festa deberedes pasar polo noso local a recoller a entrada, que terá un prezo de 1 euro para os socios e 2 euros para os non socios. Todo aquel que recolla a súa entrada antes do día 18 de xuño (incluido) poderá participar no sorteo dunha tablet valorada en 100 euros.

Recordade como sempre que todos os nenos deberán vir acompañados dun adulto e queda prohibida a entrada a todo neno alleo ao colexio, exceptuando irmáns de alumnos, que sí poderán entrar.
Haberá inchables, animación, talleres con diferentes actividades e un “furancho” onde poderedes degustar unha merenda moi tradicional.
 
Como sempre nos gustaría que nos axudásedes a preparar esa merenda, ben achegando algo feito que poderían ser uns sándwiches, tortilla, empanada... Todo o que queira colaborar, por favor que nolo comunique previamente para poder organizar. Moitas grazas de antemán.
 
Feliz verán a todos. Vémonos á volta das vacacións

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: