E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Comedor - Menú do 1ºTrimestre

mércores, 30 de setembro de 2015


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o primeiro trimestre do curso 2015-16 AQUI.



Campaña de Natación Escolar 2015-16



O próximo venres, día 2 de outubro, darán comenzo as clases de Natación para os nenos de 3º e 4º de Primaria.
O bus recollerá aos nenos as 15:50 horas na porta do colexio e deixaraos aproximadamente as 17:25 horas no mesmo lugar.
Toda a información a ter en conta e que ademáis é moi importante que leades, está AQUÍ

Colaboración "Dulce Nube" e "Diverti Kids" - Renovación


Juani, de Dulce Nube, sigue un ano máis a colaborar con nos. Este ano a parte do 10% de desconto en compras superiores a 20 euros, nos fará prezos especiales nos encargos de mesas dulces para bodas, bautizos, comunións....

Xa sabedes que a sua tenda está xusto en fronte ao noso cole e está aberta de luns a venres de 11:15 a 14:15 e de 16:15 a 21 horas, sábados de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 e os domingos pola tarde de 16:30 a 21:00 horas.

Para obter ese beneficio só tes que presentar o carnet de socio actual.

Se queres máis información podes conectarte á súa páxina, ou por teléfono ao 690 64 55 01

Moitas grazas Juani e a seguir así de "doce"!






E moi preto de Juani está DIVERTI KIDS, un centro de ocio (na rúa Alcalde Salorio Suárez 11) que este ano sigue a ofertarnos un desconto do 10% sobre o precio do menú nas celebracións de cumpleanos, con tan só presentar o carné actual de socio.

A parte de isto, DIVERTI KIDS ofrécenos unha serie de servizos moi interesantes para os pais e son:
  • Servizo de Madrugadores dende as 7:30h
  • Servizo de recollida de nenos na nosa escola
  • Cuidado de nenos por horas
  • Merendas

Para máis información podedes chamar ao teléfono 646 223 260, no propio local ou a través do correo electrónico divertikidsco@hotmail.com.

Nova colaboración: TOP Papelería


TOP PAPELERIA únese por primeira vez á nosa lista de colaboradores facéndonos un desconto dun 10% en todos os produtos da súa tenda (agás ofertas e promocións vixentes), sen un importe mínimo de compra, con só presentar o noso carnet de socio do curso actual 2015-16. Aproveitade esta oportunidade!!

Podedes atopar esta papelería na rúa Entrepeñas, 10, moi preto da praza das Conchiñas.

Si queredes máis información podedes chamar ao 881 888 487. Tamén atoparedes máis información dos seus produtos na súa páxina de facebook: TOP Papeleria


Grazas Adele, de TOP Papelería!!

Colaboración “Bulebule, fiestas infantiles” - Renovación (3ºano con nos)




Bulebule sigue a colaborar connosco un ano mais, ofrecendo, como xa saberedes, un bono de xogo por horas de regalo, valorado en 25 euros, para todo socio que celebre alí o seu cumpleanos.

Este ano as nosas ventaxas como socios son similares as do ano pasado. Explicámosvos a continuación que obteredes con só ensinar o voso carné de socio do curso actual:

  • En Cumpleanos, un bono de 10 horas de regalo, valorado en 25 euros
  •  Nas Bulefestas e Minicumples aplicarase un desconto do 5% para os socios da Anpa.
  • En Campamentos (Nadal, Semana Santa e Verán) aplicarán o prezo especial "Familias" para todos os socios, e no caso de familias (2 ou máis nenos) un desconto de 1 euro máis por neno. Tamén terán a vantaxe de que todo aquel que se apunte a unha semana de campamentos, poderá gozar dun taller dos que se realizan os sábados totalmente gratis.
  • En Festas temáticas, un desconto de 1 euro por neno. É dicir, se o prezo é de 7 € normalmente, os nosos socios pagarían 6 €.
Podedes consultar, para máis información os seguintes enlaces:

Nova colaboración para socios: Clínica dental “AXIA”

martes, 29 de setembro de 2015



Esther Alonso, aparte de ser nai dun alumno do noso cole, é a propietaria dunha clínica dental, Axia, situada na Avenida Finisterre número 97, baixo, e gustaríalle formar parte da nosa lista de colaboradores.

Ofrécenos a todas as familias e familiares de primeiro grado unha revisión e limpeza gratuita anual, así como descontos nos tratamentos entre o 10 e o 15%. Para beneficiarvos destas vantaxes só tedes que presentar o voso carnet de socio do presente curso 2015-16.


Si necesitades algunha aclaración, podedes poñervos en contacto con ela no teléfono 981262356.

Día 1 de outubro - Comezo das actividades extraescolares



O vindeiro xoves día 1 de outubro, darán comezo todas as actividades, excepto nas que non se formou grupo (que personalmente foron notificados).

A continuación indicámosvos as actividades que non se poden realizar a falta dun número mínimo de alumnos:

SUBVENCIONADAS:
- Fútbol (5º e 6º de EP). A falta de 11 nenos
- Xogos. A falta de 11 nenos
- Escola de Actores (POE) (Mércores de 4 a 6). A falta de 6 nenos
- ExperimentART (POE) (Venres de 4 a 6). A falta de 2 nenos

PRIVADAS:
- Creatinenos. A falta de 8 nenos
- Baile Galego. A falta de 3 nenos
- English Club (Martes e Xoves de 5 a 6). A falta de 5 nenos
- Guitarra (Xoves de 5 a 6). A falta 7 nenos.
- Programación e Robótica (Mércores de 4 a 5). A falta de 5 nenos.

Recordade que a matrícula segue aberta por si vos interesa algunha actividade en concreto. A actividade arrincaría no momento en que se alcanzase ese mínimo.

O programa municipal Listen non o xestiona a ANPA. Así que de momento, non temos ningún tipo de información sobre cando empeza, si se forman ou non os grupos etc...

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

luns, 28 de setembro de 2015


Todos os pais/nais/titores de alumnos do centro (tanto socios como non socios) estades convocados á Asamblea Xeral que, con carácter ordinario, terá lugar o día luns 5 de outubro no Salón de Actos do colexio ás 17:45 en primeira convocatoria e ás 18:15 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Balance económico
  3. Renovación Xunta Directiva
  4. Comedor
  5. Actividades extraescolares
  6. Seguro
  7. Uniforme
  8. Eventos solidarios
  9. Festas e demáis eventos lúdicos
  10. Rogos e preguntas.

Contamos coa vosa presenza.

ANPA Agarimo

Actividades Extraescolares - Curso 2015/16

luns, 14 de setembro de 2015


Hoxe sairá a circular co listado definitivo das actividades extraescolares e os seus horarios. Podedes consultar dita circular AQUÍ.

Lembrade que para poder apuntar aos vosos fillos nas actividades é necesario ser socio da ANPA ou ben pagar unha matrícula única de 15 euros.

Para non perder demasiado tempo á hora de inscribir aos vosos fillos, recomendamos o seguinte:
  • Traer o impreso para darse de alta na ANPA cuberto. Podedes descargalo AQUÍ
  • Para as actividades de POE (Educación Infantil y 1º ciclo de EP) traer o formulario de inscrición cuberto. Podedes descargalo AQUÍ
  • Para as actividades subvencionadas traer o formulario de inscrición cuberto. Podedes descargalo AQUÍ.
  • Para a actividade de Natación (só para 3º e 4º de EP) traer o formulario de inscrición cuberto. Podedes descargalo AQUÍ.
  • Para as actividades privadas non é necesario cubrir nengún formulario, só apuntarse na lista.
  • Traer o importe exacto (15 eur (socio/matrícula) + importe da actividad (POE/Subvencionada))
  • Por último, traede unha boa dosis de paciencia…

Lembrade que o Programa municipal “Listen and Speak” xestionase íntegramente dende o concello. As altas realízanse a través dun formulario dixital ao que poderedes acceder dende AQUÍ

Comedor - Menú de setembro

sábado, 12 de setembro de 2015


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o mes de setembro do curso 2015-16 AQUI.



Listen & Speak. Aberto o prazo de inscrición

venres, 11 de setembro de 2015


Como xa sabedes "Listen and Speak" é un programa educativo ofrecido polo Servizo Municipal de Educación e que está orientado á certificación internacional do Trinity College London, dacordo cos niveis do Marco Europeo das linguas.

Podedes consultar toda a información pinchando AQUí

No noso colexio ofrécese os martes e xoves, de 16:00 a 17:00 h para os de 3º e 4º EP e de 17:00 a 18:00 h para os de 5º e 6º.

Para apuntarse non é necesario que pasedes polo noso local, a única forma de facelo e vía internet cubrindo o seguinte cuestionario: AQUÍ

Recordade que o mínimo número de alumnos é de 12 e o máximo de 15. O ano pasado non se puido completar o grupo de 5º e 6º e non chegou a facerse.

No noso colexio non se admiten alumnos doutros centros. Foi unha decisión tomada en Consello Escolar.

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: