E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Quimions: fundas con moito agarimo

xoves, 15 de outubro de 2015


Fai uns días unha mamá do cole nos deu a coñecer un reto solidario que se estaba levando a cabo na nosa cidade e suxeriunos que o noso colexio participase nel. Moitos colexios de Coruña xa o están facendo e nós puxémonos ao choio, buscamos información e puxémolo en coñecemento do colexio.

A día de hoxe moitos xa saberedes de que estamos falando, pois saíu esta semana en prensa, pero para os que non, estamos falando de "Quimions Coruña, el Reto". E qué son os Quimions?

Son unhas fundas con debuxos de superheroes, princesas e personaxes infantís, deseñados para cubrir as bolsas dos tratamentos dos nenos ingresados na planta de oncoloxía pediátrica do hospital da Coruña. Realízanse de forma totalmente altruísta con tea de fieltro de diferentes cores.

O seu obxectivo é tapar o choque negativo que supón a quimioterapia para os máis pequenos. O seu reto: dotar á sala de oncoloxía pediátrica do hospital da Coruña, así como a todas as habitacións da terceira planta, a área infantil, de Quimions para todos.

A finalidade destas fundas para os soros, e os medicamentos, é intentar que o tratamento de quimioterapia e a estancia no hospital sexa o máis levadeiro e o menos traumático posible para os nenos.

Se queredes colaborar só necesitades: fieltro de varias cores, unha plantilla cun debuxo bonito, pegamento e ¡moito agarimo!

Os Quimions que imos realizar, prestade atención a isto, serán para 500 e 1000 ml e as medidas serán:
  • 30 cm de longo por 20 cm de ancho para os de 500 ml.
  • 34 cm de longo por 24 cm de ancho para os de 1000 ml.

As instrucións de como teredes que facelos podédelas descargar AQUÍ. Para calquera dúbida téndesnos no noso local e poñeremos de data tope de recolleita para levalos todos xuntos ao hospital, o día 15 de novembro. Todos a faena! Nenos e nenas incluidos!

Poderedes ver un montón de Quimions xa feitos para guiaros AQUÍ

Transcrición literal da Acta - 5 de outubro de 2015

mércores, 14 de outubro de 2015



Reunidos ás 17:45h. en primeira convocatoria, e ás 18.15 horas en segunda, da tarde do día 5 de outubro de 2015, no salón de actos do CEIP María Barbeito e Cerviño, iniciouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Anpa Agarimo e na que se trataron os seguintes puntos da orde do día: 

  1. Saúdo da Presidente, agradecendo a presencia de todos os pais e nais presentes e lamentando como sempre a escasa asistencia.
  2. Lectura da acta anterior. Dado o pouco tempo que temos para a reunión decidiuse remitir aos asistentes a páxina web onde aparecen todas as actas.
  3. Balance de contas. Debe:
    Actividades (trofeos, medallas, diplomas, etc): 627.42
    Colaboración excursión alumnos sexto: 60 €
    Comedor (pasta dental): 12,85 €
    Concurso Samaín (premios participantes): 27.52 €
    Facturas Móbil ANPA: 280,92 €
    Festa antroido (comida, manualidades, regalos, etc): 199,88 €
    Festa nadal (comida, manualidades, regalos, cesta sorteo etc): 322,49 €
    Festa fin de curso (animación, tablet, comidas, bebidas): 1693,03 €
    Gastos bancarios (comisións, transferencias....): 73,98 €
    Gastos internos (fotocopias, correos, web, papeleria, cota federacion...): 287,09 €
    Outros (regalo Antonio): 74 €
    Seguros socios: 1538,13 €
    TOTAL: 5197.31 €
    Haber:
    Cotas socios: 296x15=4440 €
    Matrícula (no socio): 15 €
    Entradas festas: 555.5 €
    Remanente curso 2013-14:767 €
    TOTAL: 5777.50 €
    Quedando 580,19 € en conta
  4. Renovación Xunta Directiva: infórmase aos presentes a intención da maioría dos membros da xunta directiva de deixar o cargo cando se cumplen os dous anos de exercicio, animando aos presentes a ocupar os cargos vacantes
  5. Comedor. Dase un repaso a tódalas normas do comedor, recalcando tres temas importantes: horarios de saída, esporádicos e cómo proceder para darse de baixa no servizo de Comedor. En canto aos horarios de saída infórmase de que hai os seguintes: en EI de 15:00 a 15:15h. e de 15:30 a 15:45h e para primaria poden saír as 15:15h e as 16:00h. No caso de esporádicos recórdase que deben chamar a secretaría do colexio, ao noso teléfono ou directamente a Jardanay antes das 11:00 h. A primeira vez que fagan uso deste servizo cobraráselles 4 euros en concepto de seguro e os 5,55 euros que costa o menú. E en canto a darse de  baixa infórmase que debe facerse sempre antes do día 25 do mes anterior a darse de baixa. Recórdaselles aos pais que cada neno, por hixiene, traia o seu propio cepillo e a sua pasta dental diariamente e aconséllaselles que deberán renovar o cepillo cada 3 meses. Tamén se recorda que si un neno debe abandonar o comedor acompañado doutro adulto que non é o habitual ou irse só, deberán entregar previamente a autorización pertinente. Infórmase a todos os presentes que o que sobrou da subvención do comedor, concedida a ANPA, invertirase en comprar unha mesas mais (por importe de 700 euros). Recalcamos que o comedor do colexio non se pode comparar co mesmo servizo que unha gardería. Este ano houbo moitas inscricións de nenos de 3 anos, a maioría con problemas a hora de comer sós, é moi importante que os nenos que usen este servizo sexan autónomos. A ratio legal de nenos por monitor é moi elevada para atender cada neno de forma individual.
  6. Actividades extraescolares. Ao igual que no comedor, recórdase que é necesario unha autorización asinada polo pai/nai/titor se a persoa que vén a recoller o neno non é a habitual ou se o neno pode irse só. Tamén aquí houbo un aumento excesivo de nenos de 3 anos inscritos, polo que se recomenda aos pais colaboración sobre todo no caso de patinaxe. Recordamos que é importante adquirir un compromiso á hora de apuntar aos fillos nas actividades e sobre todo porque as baixas poden provocar que se eliminen actividades, afectando a outros alumnos.
  7. Seguro. Explícase aos asistentes a necesidade de contratar un seguro nas actividades que non o inclúan (Debuxo e Pintura, Teatro, Guitarra, English Club, Programación e Robótica e Padel). Este ano a ANPA vai asumir o pago do seguro (4,20 eur) destes alumnos en concreto dado que non é viable asumir o custo de todos os socios. No caso das festas contratarase un seguro aparte e irá incluido no prezo da entrada.
  8. Uniformes. Informáse das queixas recibidas nas últimas semanas respecto do desabastecemento de uniformes e chandals e problemas puntuais coas tallas. Unha nai comenta que a finais de curso había tallas suficientes pero que agora en setembro non. Comunícaselle aos presentes que se estudiarán diferentes alternativas de compra ao longo deste curso, descartando a distribución directamente desde a ANPA.
  9. Eventos solidarios. Trasladase aos socios a pouca colaboración do último curso con respecto ao anterior. Estudiarase sobre a marcha a posibilidade de seguir colaborando con todas as causas ou centrarse en algunha en concreto.
  10. Festas. Solicitamos novamente a colaboración e implicación dos pais para poder seguir organizando as festas (Nadal, Entroido e fin de curso).
  11. Colaboracións externas. Expoñense as empresas que colaboran cos socios ofrecendo algún tipo de desconto, resaltando as novas incorporacións.
  12. Rogos e preguntas.
  • Duas socias preguntan os motivos da ausencia de taekwondo no calendario das actividades. Fundamentalmente os motivos foron cuestións organizativas e relacionadas fundamentalmente coa actitude do monitor (non presenta o plan da actividade, non leva control das ausencias, queixas de pais e baixa demanda...). Tamén preguntan por qué hai monitores de actividades que presentan a sua actividade en horario escolar. Segundo a nosa información nadie está vetado para facelo sempre que elabore unha unidade didáctica, a presente no centro en tempo e forma e a dirección é quen acepta ou denega. Non é competencia da ANPA o que se faga en horario escolar.
  • Un pai pregunta si os motivos polos que queremos marchar son persoais ou obligados polos estatutos da ANPA, comentando que non é posible deixar deserto a xunta directiva. Estatutariamente ten que haber unha renovación da metade dos membros da xunta directiva cada dous anos. Os membros da xunta directiva manifestamos que nos gustaría ter un relevo, considerámolo positivo para o bo funcionamiento da ANPA.
  • Uns pais fan referencia a un comentario despectivo que fixo un dos membros da xunta a título persoal a través da páxina facebook da anpa e insiste que todavía non recibiron as desculpas oportunas. Infórmase de que ANPA pediu desculpas por ese comentario en tempo e forma co que se siguen manifestando disconformes. Informamos de que a ANPA non se fai responsable dos comentarios de ningún membro feitos no seu propio nome, só dos feitos en nombre da ANPA, a non ser que sexan moi graves ou supoñan unha ameaza.
  • Os mesmos pais apuntan que un dos motivos polos que o resto de socios non acuden as asambleas é porque non se fai unha convocatoria a tempo. Aclaramos que respetamos os plazos contemplados nos estatutos (publicada na nosa web, con 7 días de antelación) e que foi remitida aos pais via circular escrita ainda que non se remitiu por TokApp por olvido do colexio. Recordamos que a circular das actividades saiu uns días antes do comenzo das inscricións e a afluencia foi masiva.

Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a asemblea ás 19.20h.

Nova colaboración: COMECOCOS

luns, 5 de outubro de 2015


Comecocos é unha tenda de chuches que malia non estar no noso barrio, a súa dona tamén forma parte do noso cole, xa que é a nai dun dos seus alumnos. A partir de hoxe pasa a formar parte da lista dos nosos colaboradores.

Si coincídenos pasar por alí, pola rúa Mr. Archer Milton Huntington, 13-15, todos os socios terán un desconto do 15% en compras superiores a 15 euros, con só ensinar o carnet de socio. Non só teñen chuches, tamén teñen bocadillos, bebidas, xeados, mesas para eventos, fofuchas personalizadas, tartas de pañales, etc.

Si tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto con Susana no teléfono 659 898 177

Grazas Susana por colaborar con todos nós!

Exención de cotas de POE para nenos con beca de comedor

xoves, 1 de outubro de 2015


Desde o Concello da Coruña comunicámoslle que dentro do programa de ocio educativo (POE) para o curso 2015-16 imos contemplar a exención de cotas para as familias que teñan recoñecida a axuda económica municipal para comedor escolar (Bolsa Comedor).
A porcentaxe de reducción de tarifa da cota do POE virá determinada polo tipo de axuda concedida na bolsa comedor. As opcións que se contemplan son duas:
  • Alumnado con bolsa de comedor total terán unha exención total da cota do POE
  • Alumnado con bolsa de comedor parcial terán que aboar o 25% da cota do POE

Todo aquel que reuna as condicións arriba indicadas debe pasar polo noso local, con algún documento que o acredite, e devolveráselle a cantidad que lle corresponda (todo ou o 75%)



AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: