E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Quimions: fundas con moito agarimo

xoves, 15 de outubro de 2015


Fai uns días unha mamá do cole nos deu a coñecer un reto solidario que se estaba levando a cabo na nosa cidade e suxeriunos que o noso colexio participase nel. Moitos colexios de Coruña xa o están facendo e nós puxémonos ao choio, buscamos información e puxémolo en coñecemento do colexio.

A día de hoxe moitos xa saberedes de que estamos falando, pois saíu esta semana en prensa, pero para os que non, estamos falando de "Quimions Coruña, el Reto". E qué son os Quimions?

Son unhas fundas con debuxos de superheroes, princesas e personaxes infantís, deseñados para cubrir as bolsas dos tratamentos dos nenos ingresados na planta de oncoloxía pediátrica do hospital da Coruña. Realízanse de forma totalmente altruísta con tea de fieltro de diferentes cores.

O seu obxectivo é tapar o choque negativo que supón a quimioterapia para os máis pequenos. O seu reto: dotar á sala de oncoloxía pediátrica do hospital da Coruña, así como a todas as habitacións da terceira planta, a área infantil, de Quimions para todos.

A finalidade destas fundas para os soros, e os medicamentos, é intentar que o tratamento de quimioterapia e a estancia no hospital sexa o máis levadeiro e o menos traumático posible para os nenos.

Se queredes colaborar só necesitades: fieltro de varias cores, unha plantilla cun debuxo bonito, pegamento e ¡moito agarimo!

Os Quimions que imos realizar, prestade atención a isto, serán para 500 e 1000 ml e as medidas serán:
  • 30 cm de longo por 20 cm de ancho para os de 500 ml.
  • 34 cm de longo por 24 cm de ancho para os de 1000 ml.

As instrucións de como teredes que facelos podédelas descargar AQUÍ. Para calquera dúbida téndesnos no noso local e poñeremos de data tope de recolleita para levalos todos xuntos ao hospital, o día 15 de novembro. Todos a faena! Nenos e nenas incluidos!

Poderedes ver un montón de Quimions xa feitos para guiaros AQUÍ

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: