E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Campacole 2016

luns, 12 de decembro de 2016


A Federación Provincial de APAs oferta campamentos de Nadal no periodo de vacacións ao alumnado dos CEIP da cidade, subvencionado polo convenio firmado entre o Concello e a Federación.

O programa se chama CAMPACOLE e quere dar resposta ás necesidades de conciliación das familias. Por temas organizativos e de operatividade, existe como sede un centro por cada zona escolar da cidade. Aínda que teñen preferencia os escolares matriculados no centro onde se desarrolla o campamento, está aberto a nenas e nenos de Ed. Infantil e primaria matriculados nos CEIPs do concello da Coruña. 

Nestes intres cóntase co CEIP Anxo da Garda e co CEIP Sanjurjo de Carricarte, á espera da incorporación de novos centros.

Os días do campamento son o 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. 

Máis información e inscrición:


.

Festa de Nadal 2016

venres, 9 de decembro de 2016





A nosa tradicional Festa do Nadal se celebrará o próximo 21 de decembro, a partires das 16:30. Estades todos convidados a vir.

Este ano teremos animación, obradoiros de nadal, bebidas, sorteos e premios e unha gran chocolatada para os esforzados pais e acompañantes.

E novamente pedímosvos a vosa colaboración. Necesitamos pais/nais que queran botarnos unha man para o desenvolvemento da festa ou tamén na preparación dalgún doce ou salgado para degustar co chocolate. Se vos animades, podedes pasar polo noso local, chamarnos por teléfono ou enviarnos un email nestes días previos. Dende xa, moitas grazas a todos.

Dende esta semana, xa podedes pasar polo noso local a retirar as entradas que tendrán un custo de 1 euro para os socios e 2 euros para os non socios (imprescindible presentar o carné de socio para ter o desconto). Tamén as podedes acadar na entrada o mesmo día da festa.

Dende a Anpa queremos aproveitar e desexarvos a todos unhas felices festas!

Web da Federación Provincial de ANPAS

venres, 2 de decembro de 2016

A web da Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña www.fedapascoruna.org xa está operativa; un novo espazo no que atoparedes información das actividades da Federación.

Nela deixase o espazo de ANPAS para compartir experiencias, actividades, iniciativas, proxectos, etc, que sexan interesantes e que, con carácter fixo ou temporal, se desenvolvan nas ANPAS federadas, entre elas a nosa.

Convocatoria de Asemblea Xeral

venres, 25 de novembro de 2016

Todos os pais/nais/titores de alumnos do centro (tanto socios como non socios) estades convocados á Asamblea Xeral que, con carácter ordinario, terá lugar o día venres 2 de decembro no Salón de Actos do colexio ás 16:00 en primeira convocatoria e ás 16:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Balance económico
  3. Renovación Xunta Directiva
  4. Comedor
  5. Actividades extraescolares
  6. Seguro
  7. Uniforme
  8. Organización da excursión de fin de curso de 6º
  9. Eventos solidarios
  10. Festas e demáis eventos lúdicos
  11. Rogos e preguntas.

Contamos coa vosa presenza.


Calendario escolar 2016-2017

venres, 7 de outubro de 2016

Para que podades planifica-las vosas vacacións, este é o calendario escolar do curso 2016-2017.



O podedes ver completo na páxina da Xunta de Galicia (CALENDARIO ESCOLAR).

Campaña de natación escolar: información ás familias

xoves, 6 de outubro de 2016

A partires do 3 de outubro iniciase a participación na Campaña de Natación Escolar dun grupo do nosos colexio. Aquí podedes consultar a información sobre a campaña e as recomendacións básicas para levala a cabo.

Comedor: menú do primeiro trimestre

mércores, 5 de outubro de 2016


Xa podedes consultar o menú do comedor para o primeiro trimestre do curso 2016-17:


Tamén o podedes consultar en PDF.

Actividades Extraescolares- Curso 2016-17

venres, 16 de setembro de 2016

Publicamos a circular co listado definitivo das actividades extraescolares e os seus horarios para este novo curso 2016-17.
 
Programa “Listen and Speak (orientado á certificación internacional Trinity College)
            3º e 4º EP: Martes e xoves, de 4 a 5
            5º e 6º EP: Martes e xoves, de 5 a 6
Precio: 15 euros - Prazas limitadas (inscripción e información na web do concello ou  no noso local).
Tamén podedes consultalas en PDF (subvencionadas polo Concello e Privadas).

Para poder apuntar aos vosos fillos nas actividades é necesario ser socio da ANPA ou ben pagar unha matrícula única de 15 euros. Podedes facer a inscripción no local da ANPA polas mañás dende o 19 de setembro e polas tardes, os días 19 e 20 de setembro, de 15:00 a 18:00 no Salón de Actos.

Para elo, recomendamos o seguinte:

  • Traer o impreso de alta na ANPA cuberto. Podedes descargalo AQUÍ
  • Para as actividades de POE (Educación Infantil y 1º ciclo de EP) traer o formulario de inscrición cuberto. Podedes descargalo AQUÍ
  • Para as actividades subvencionadas traer o formulario de inscrición cuberto. Podedes descargalo AQUÍ.
  • Para a actividade de Natación (só para 3º e 4º de EP) traer o formulario de inscrición cuberto. Podedes descargalo AQUÍ.
  • Para as actividades privadas non é necesario cubrir nengún formulario, só apuntarse na lista.
  • Agradecemos se traedes o importe exacto (15 eur (socio/matrícula) + importe da actividad (POE/Subvencionada)).


Lembrade que o Programa municipal “Listen and Speak” xestionase íntegramente dende o concello. As altas realízanse a través dun formulario dixital ao que poderedes acceder dende AQUÍ

Clases de ioga para nais e pais do colexio María Barbeito 2016-2017

mércores, 14 de setembro de 2016

Se queredes diminuír o estrés, aumentar a vosa vitalidade, mellorando o sistema inmunolóxico, a postura e a respiración, invitámosvos a praticar esta disciplina milenaria con innumerables beneficios para a saúde mental e corporal.

O horario deste ano (2 horas semanais) é os martes e xoves, cun grupo de de 9:10 a 10:10 e outro de 17:00 a 18:00.

Celébrase na Asociación de Veciños do Ventorrillo e ten un prezo de18 € /mes (socios do ANPA).

Os interesados pódense poñer en contacto no teléfono 722 628 280.

Comedor: menú de setembro

martes, 13 de setembro de 2016


Xa podedes consultar o menú do comedor para o mes de setembro do curso 2016-17:



Tamén o podedes descargar en PDF.

Vuelta al cole: comienza el curso en María Barbeito

luns, 12 de setembro de 2016

Hoy comienza un nuevo curso y seguro que tanto papis como niños lo haremos con muchas ganas.

Desde el ANPA os damos la bienvenida a los nuevos y también a los que no lo sois. Estas semanas estamos por las mañanas (de 9 a 10) para atenderos en el local situado en el colegio, recogiendo solicitudes para el comedor y para el servicio de madrugadores y atendiendo vuestras dudas, también las relacionadas con las becas.


Os animamos a aprovechar estos días para apuntaros como nuevos socios del ANPA o renovar vuestra pertenencia.

En breve publicaremos en este blog los horarios de las actividades extraescolares que empiezan en octubre. Los plazos de inscripción serán unos días determinados en la segunda quincena de septiembre así que estad atentos. Será muy parecido al cuadro del año pasado con alguna actividad nueva.


Nova colaboración - "Recréate"

mércores, 4 de maio de 2016



Recréate é un centro familiar de lecer ubicado moi preto do nosa escola, na rúa Isaac Peral, 3, baixo e que agora quere colaborar con nos ofrencendo descontos aos nosos socios.


Recréate é un espazo dirixido a traballar Inclusión social e Interxeracional desde unha perspectiva sociosanitaria e de lecer, dirixida a persoas de entre 3 e 100 anos...é dicir atenden ás necesidades sociosanitarias e de lecer de todas as persoas, consta de Centro de Día para persoas maiores, Centro de Especializacion domiciliaria e Centro Familiar de Lecer.


OS SERVIZOS DO CENTRO FAMILIAR DE LECER SON:

Agora mesmo están preparando Campamentos Urbanos, do que xa esta aberto o prazo de inscripción, e están ofertando Actividades de Lecer para o Próximo Curso ( de Setembro a Xuño), do que xa está tamén aberto o prazo de Matriculación.


Entre as actividades que ofertamos PARA ADULTOS, está Ioga, Pilates, Capoeira. Danza Árabe Tribal, Baile, Zumba, Ximnasia, Arte e Creatividade, Feito a Man, Música, Canto e Canto Tradicional e Instrumentos.
Entre as Actividades PARA NENOS: Ioga, Capoeira, Ritmo Acción e Movemento( RAM), Animación á Lectura, Ludiocio, Zumba en Familia, Teatro, Arte e Creatividade en Familia, Xuntos e Revoltos( Interxeracional) e Xogando coa Tradición.


Ademas todos os Sábados desde o 1 de abril, están SESIÓNS FAMILIARES, de MiniMúsicos ( Estimulación musical para bebés 1-3 anos), Animación á Lectura con Cornelia Craft ( 3-9 anos)

Os descontos que ofrecen aos nosos socios son:

- 2 CLASES GRATUITAS DE CALQUERA ACTIVIDADE PARA CALQUERA QUE QUEIRA PROBAR
- NA COMPRA DUN BONO 60 ( 60€) CON 9 CLASES( 1 GRATUITA)
- NA COMPRA DUN BONO 100 ( 100€) CON 20 CLASES( 2 GRATIS)
- ACTIVIDADES SÁBADOS - BONO 5 ENTRADAS - 40 €

Os BONOS SON MIXTOS FAMILIARES, é dicir PODEN USARSE POR CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA

TAMÉN TEÑEN BONOS MIXTOS TRANSFEREIBLES, QUE PODEN SER USADOS POR CALQUERA PERSOA AUTORIZADA.

EN SERVIZOS DE CENTRO DE DÍA PARA MAIORES, OFRECEN 1 TARDE DE ESTANCIA NO CENTRO GRATUITA A TODOS Os MAIORES QUE DESEXEN COÑECER O SERVIZO, PREVIA VALORACIÓN DO EQUIPO.

AXUDAS COMEDOR – CURSO 2014/15

xoves, 21 de abril de 2016


A partir do día 25 de abril, imos proceder a repartición da axuda concedida para os usuarios do comedor do curso 2014/15. Recordade as condicións para recibir dita axuda:
Ø  Ter utilizado o servizo de comedor por un período mínimo de 5 meses durante o curso 2014/15
Ø  Non ter sido destinatario doutra axuda para o mesmo servizo
Ø  Non ter ningún tipo de débeda con Jardanay nin coa ANPA
Ø  Entregarase no noso local, no horario habitual (mañás de 9:00 a 9:30 e tardes de 16:00 a 18:00)
Ø  O prazo máximo de entrega é o día 15 de xuño. O diñeiro que ninguén reclame investirase en melloras do servizo.

ANPA Agarimo

Bolsas Comedor - Curso 2016/17

martes, 5 de abril de 2016

Hoxe martes 5 de abril de 2016, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016-2017.

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos.

Na propia convocatoria figuran os Anexos 1 e 2 que se deben presentar, debidamente cubertos e asinados, xunto co resto da documentación xustificativa que se recolle na Base 8 da convocatoria. 

Aínda que gran parte dos requisitos e condicións manténsecomo en convocatorias anteriores, cómpre sinalar a principal que é que tódolos centros públicos de infantil e primaria (CEIP), secundaria (IES) e de educación especial (CEE, sexa cal sexa a súa titularidade), teñen cobertura TOTAL do coste do seu comedor escolar. Inclúese polo tanto o IES Elviña (o único con comedor) e o CEE Ntra. Sra. de Lourdes-Aspronaga, centro de educación especial concertado. 

Podedes descargar toda a documentación aquí:



Máis información na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Comedor - 3º Trimestre 2015/16

luns, 4 de abril de 2016


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o terceiro trimestre do curso 2015-16 AQUI.



Arreglo de cubertas por parte do Concello

venres, 11 de marzo de 2016

O pasado venres podíamos ver como a prensa e nas propias páxinas oficiais do Concello e Xunta informaban acerca do acordo  entre ambos para asumir as reparacións necesarias nas cubertas do noso centro. Nese momento puxémonos en contacto tanto con Silvia Cameán (concelleira de Servizos sociais, educación e sanidade) como con Pablo Ferradas (Conselleiro de Cultura, Educación e O.U.) para que nos deran acceso ao contido dese acordo por escrito y poder constatar prazos (se houber) e o alcance exacto da actuación.


Estas foron as súas respostas, recibidas onte no email da ANPA.

De Silvia Cameán:
Bo día,
 En primeiro lugar agradecervos a vosa cordialidade coa que sempre vos dirixides a nós nas lexítimas reivindicacións que facedes. Tal e como vos adiantamos na última xuntanza, a semana pasada mantivemos unha reunión co Conselleiro de Educación para tratar, entre outros asuntos, a substitución das cubertas do CEIP María Barbeito. Nesta xuntanza a Consellería de Educación, dentro das súas competencias, comprometeuse a realizar obras relevantes para diversos  centros de ensino da cidade e o Concello asume, a maiores das obras xa contempladas  para este 2016, a substitución das cubertas restantes no CEIP María Barbeito. Entendemos que estas obras sobrepasan as competencias municipais de mantemento nos centros públicos de ensino, pero decidimos por compromiso coa veciñanza, e en particular coa Comunidade Educativa, asumir  actuacións que permitan reforzar o ensino  público. Para dar cumprimento a este compromiso  xa se incorporou no Proxecto dos Orzamentos 2016 unha nova partida na que se contemplan estas obras. Quedo á vosa disposición para aclarar calquera dúbida. Un afectuoso saúdo,Silvia.


De Pablo Ferradas:

Boa tarde,
en resposta á súa consulta sobre o acordo entre a consellería de Cultura e Educación e o concello da Coruña, temos que confirmarlles que a colaboración interinstitucional vai facer posible asumir as obras precisas para a mellora de varios centros educativos na cidade da Coruña.
Deste xeito, co acordo acadado, o Concello coruñés executará a renovación da cuberta do CEIP María Barbeito, na súa totalidade, e non só a do módulo de infantil, como tiña previsto nun principio. Pola nosa banda, a Consellería vai asumir intervencións para a mellora do aillamento no CEIP Raquel Camacho e para potenciar a eficiencia enerxética do CEIP Ramón de la Sagra.
Queda, así mesmo, aberta unha vía de diálogo para seguir negociado as distintas intervencións precisas noutros centros educativos da cidade.
Agardando ter solventado as súas dúbidas, reciban un atento saúdo,
Gabinete Técnico do Conselleiro de Cultura, Educación e O.U.

Pingueiras e filtracións: Reunión con Silvia Cameán e Belisario Sixto

mércores, 2 de marzo de 2016


Hoxe pola mañá, a última hora, estiveron reunidos Silvia Cameán, concelleira de Servizos sociais, educación e sanidade e Belisario Sixto, inspector de Educación acompañados dun técnico municipal, xunto con diferentes membros da comunidade educativa do colexio María Barbeito, entre eles, dirección, pais de infantil e membros desta ANPA.

A reunión realizouse na biblioteca do colexio e tivemos ocasión de suscitarlles as nosas dúbidas, que son as que seguen.

Cando darán comezo as obras
Están intentando axilizar os prazos pero sempre vai depender do visto bo do técnico respecto das condicións climatolóxicas. É dicir, non hai unha data fixada.

Duración das obras
8 semanas con 4 obreiros traballando

Compatibilidade da execución da obra coa actividade escolar
Non se recomenda que se utilicen esas aulas. Queda en mans do centro decidir onde recolocar estes 75 alumnos para afectar o menos posible ao correcto desenvolvemento da xornada escolar.

Cómo afecta a obra ao resto do colexio
Toda a retirada de materiais é exterior. Vaise a acondicionar un andamio rodeando esa parte do edificio, acondicionando unha vía alternativa de entrada si fose necesario. A empresa adxudicataria está obrigada a cumprir cos parámetros de seguridade que a lei demanda. Isto último inclúe a retirada do amianto presente na uralita que se vai a retirar.

Mañá vanse a reunir a concelleira e o alcalde co Conselleiro en Santiago. Pedímoslles que nos manteñan informados das negociacións e por suposto que se asinen os acordos.

A maiores, prevese comezar as obras do outro edificio de primaria infantil, o que está á beira do pabellón, para o verán. Ese é o único que estaba proxectado pola corporación anterior.

Tamén aproveitamos a ocasión para chamarlles a atención sobre os mantementos que foron deficientes durante moitos anos e agora pagamos as consecuencias.


Ao informarnos a concelleira de que mañá falarían co Conselleiro da Xunta, pedímoslle que nos dixese onde se realizará tal reunión a fin de entregarlles a ambos un escrito en nome do ANPA. Ao ser en Santiago, optamos por facelo vía electrónica.

Transcrición literal da Acta - 25 de febreiro de 2016


Reunidos ás 17.45h. en primeira convocatoria, e ás 18.15 horas en segunda, da tarde do día 25 de febreiro do 2016, no salón de actos do CEIP María Barbeito e Cerviño, iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa Agarimo e na que se trataron os seguintes puntos da orde do día: 

0.- Saúdo da Presidente, agradecendo a presencia de todos os pais e nais presentes.

1.-Temas varios do comedor. Queixas, suxerencias e normas. 

Dada a cantidade de queixas recibidas ao longo deste curso tanto pola parte dos usuarios do comedor como do colexio, nos planteamos realizar unha enquisa na que os pais poideran plantear todas as suas queixas, suxerencias e agradecedementos e convocar unha reunión na que estivera presente a supervisora da empresa que leva o servizo, Coral. Pola nosa parte decir que este ano foi un ano especialmente complicado debido ao incremento de usuarios (de 100 pasamos a 160 aproximadamente), destacando que non foi un incremento equilibrado por niveles educativos, senón que case todo foi na etapa de infantil, que son os que requiren mais atención, resaltando que o espazo do comedor é o mesmo, hai un único turno e o ratio que sigue sendo por lei moi elevado.

Coral empeza o seu turno de palabra aclarando algunha das queixas planteadas na enquisa. Unha delas é que os nenos non poden repetir platos. Coral afirma que todos os días se tira comida, e que sempre se lles pregunta se queren mais, pero por exemplo si un neno ten o plato de comida sen empezar e só comeu pan e quere mais pan, non se lle deixa comer mais pan. Tamén aclara que a comida non se sirve ningunha comida conxelada, nin tan sequera o pescado.

Tamén hai moitas familias que opinan que os nenos comen a comida fría. Coral explica como ven a comida e cal é o control que se lle fai de temperatura. A comida chega sempre ao plato a 65ºC. Polo tanto a comida se presenta sempre quente, se por calquer circunstancia (o neno entretense e non a come ao momento) a comida enfría, a comida non se requenta. É inviable facelo para 160 usuarios.

En canto a non formación dos empleados sobre alerxias, Coral informa que todos reciben anualmente os cursos que por lei son obrigatorios sobre alerxias. Unha nai expresa a sua disconformidade posto que a sua filla foi obrigada a comer un iogur con piña sendo intolerante a fructosa e outra nai indica que confundiron o menú da sua filla (celíaca) co de outra nena cos mesmos apelidos que ese día tiña programada unha dieta branda. Consideramos desde a ANPA que deben revisar o protocolo de alerxias e melloralo para que non volvan a ocurrir esos errores que consideramos graves.

Outra nai queixase de que a seu fillo deronlle como almorzo durante unha semana un simple petit suise a principios de curso. O neno xa non é usuario de Madrugadores. No seu día fomos a falar co persoal de Madrugadores e informousenos que ese neno chegou todos os días despois das 8:30 e existe unha normativa que di que non se sirven almorzos despois desa hora, só se adican ao coidado. Pídeselle a Coral que revise ese caso de novo.
Falase de si o personal é suficiente e está atento aos nenos. Prodúcese un accidente no que un neno rompe unha perna e unha nai di non ter explicación por parte do comedor de cómo puido pasar ese feito. Coral da como explicación de que un neno caeu sobre o outro, sen entrar en mais explicacións.

Unha nai queixase das malas formas que ten unha das coidadoras para referirse aos nenos. Desde a ANPA tampouco nos parecen acertadas e esiximos que se tomen as medidas oportunas se realmente é así.

Tanto na enquisa como as nais presentes tamén se queixan da forma que teñen de chamar a atención para que os nenos que están armando follón calen. Nos referimos a apagar as luces. Aclaramos que as persianas nunca se pechan e en canto a apagar as luces, ainda que non o consideramos grave dado que se fai a plena luz do día, e durante un corto periodo de tempo (segundos), respetamos a opinión dos pais para que se busquen outras opcións para facer prestar a atención dos nenos.

Coral termina, para poder continuar a nosa reunión, ofrecendo o seu teléfono para aclarar calquer outro problema personalmente e invitando aos pais a poder asistir ao comedor e probar a comida o día que así o desexen.

Pola nosa parte comentamos que seguiremos peleando para que se poida ofrecer Madrugadores dende as 7:30, informando que ten que ser aprobado no Consello Escolar.

2.- Problemas de filtracións e pingueiras.

Empeza a Presidente explicando que os problemas de filtracións veñen de vello e constan nas administracións competentes escritos e informes presentados por Dirección. Neste curso a situación complicouse especialmente nunha das aulas de infantil e xurdiron iniciativas por parte de pais e nais buscando unha solución inmediata. Que nos consten, duas:
·         solicitud de firmas para presentar no concello
·         contacto directo co concello e prensa
Agradecemos ambas iniciativas porque de feito coa segunda se conseguiu unha reacción das instituccións: visita do Xefe Territorial, Inspección, etc e sobre todo, finalmente, se consigue o compromiso de actuación urxente sobre a cuberta de infantil, como todos sabedes, que se comenzará cando o bo tempo o permita.

Varios pais do grupo dos que fixeron xestions frente a prensa e as institucións manifesta que se sentiron solos cando empezaron. A presidente aclara que no mesmo momento en que se puxeron en contacto con ela, propuxo facer unha reunión aberta con todos os pais para poñer en común ideas e poñer en marcha as medidas que nese momento se acordaran (usar contactos en prensa e tv, etc). Si decidiron tomar esas medidas eles mesmos antes da reunión non foi porque a ANPA se negase a participar. Aclaramos que como ANPA non sempre temos información inmediata de todo o que pasa no colexio, menos aún se os pais non procuran informar aos integrantes da ANPA. As esixencias de estos pais implicados, en concreto, foron acompañadas dun proceder pouco axustado para este tipo de reunión, onde había nenos presentes, abandonando o recinto atropelladamente sen rematar o tema nen a asamblea.

Pola nosa parte nos comprometemos a continuar executando as accións necesarias para que sustituan as tres cubertas en colaboración con todos os pais e nais, para o cal se infomará puntualmente de novas iniciativas usando os medios existentes( tokapp , web, tv, etc)

A presidente fai alusión ao proxecto do concello para a cuberta de infantil que xa está en espera de poderse executar cando a climatoloxía o permita. As actuacións no resto das cubertas dependen de que Xunta e concello se poñan de acordo sobre quen os financia. En conclusión, hai que seguir facendo presión para que o tema non quede esquencido nun caixon.

Por último unha nai aporta unha nova idea que é xuntar firmas baixo a plataforma gratuita change.org. Estudiarase.

3.- Excursión de 6º EP. Primeira toma de contacto.

Informamos aos pais que empezamos fai dous anos axudando coa organización tanto da excursión como nos pinchos que se fan o día da graduación. O primeiro ano foi unha saída de un día a un parque de aventuras en Marín, acompañados de 2 pais e 2 nais voluntarias. Saiu en 30€ e o resultado foi moi bo. O segundo ano organizouse unha estancia de 2 noites e 3 días nun camping no Grove con actividades organizadas, con un custo de 100 € aproximadamente e que tivo moito éxito. Non é unha saída obrigatoria senon que complementa a calquer outra que decidan facer de maneira oficial. A idea é saber a cantos lles pode interesar e poñerse a buscar opcións. Nos ofrecemonos, como sempre, como medio para comunicarse entre pais, búsqueda de alternativas e o que xurda.

4.- Renovación Xunta Directiva

Se informa que non se presentou ningunha candidatura nova no plazo estipulado e que polo tanto non foi necesario levar a cabo a votación. Infórmase dos cambios na candidatura actual, quedando a nova xunta directiva así:

Presidente: Berta Seijo Sánchez
Vicepresidente: Mario Santana Golding
Secretaria: Virtudes Castro Villar
Tesoreira: Ana María Piñeiro Lago
Vocais:
Olga Veiga Vázquez (Representante no Consello Escolar)
Ana Alho Ventureira
Mª Teresa Losada Quintela
Araceli Balseca Ricaurte
Manuel Esteban Carrasco
José Antonio Rial Sánchez
Alberto Romero Rial
Oriol Sarmiento Díez

Resaltar que somos unha ANPA aberta donde todos poden participar. Mantemos abertos todos os canles para que se manteña unha comunicación o mais fluida posible: o noso local, teléfono, correo electrónico, web e facebook.

5.- Rogos e preguntas.

Non houbo.

Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a asemblea ás 20.15h.

Resultados Enquisa Comedor

domingo, 28 de febreiro de 2016




Entre os días venres 19 e o mércores 24 de febreiro realizouse unha enquisa ás familias dos nenos e nenas que fan uso do comedor escolar do CEIP María Barbeito. As preguntas realizadas foron deseñadas para ter unha visión ampla e integral da opinión destas familias sobre o servizo prestado pola empresa Jardanay e que servisen ao ANPA, aos fins de canalizar as inquietudes, molestias, recoñecementos e queixas destes pais e nais, ante a propia empresa de cátering e membros da comunidade educativa do CEIP María Barbeito. Con iso, procuramos: mellorar, corrixir e informar, todo o relacionado entre servizo, familiares, nenos e membros da comunidade educativa.


A participación foi de 62 familias, o que representa un total de 79 nenos ou nenas, sendo máis que suficiente e representativo, dado que no mellor dos casos, é o 50% da poboación usuaria do servizo de comedor. Na súa maioría, as familias encuestadas fan uso do servizo de luns a venres. Ademais, os inscritos en madrugadores usan o comedor tamén, todos os días da semana.

Análise
Preguntouse si os nenos quedan satisfeitos coa comida e un 37,1% das familias indican que non quedan satisfeitos ou pouco satisfeitos, frente a un 40,3% que indican que sí quedan satisfeitos ou moi satisfeitos. Consideramos elevado que un 37,1% maniféstense de forma negativa en canto a esta pregunta. As razóns poden ser varias; desde a cantidade de comida, o seu sabor, as preferencias ou o costume alimenticia de cada familia. No caso específico da cantidade, existe un 19,4% das familias que consideran que non lles parece apropiada ou pouco apropiada a cantidade de comida servida. Un total de 51,6% das familias consideran que é apropiada ou moi apropiada. En canto á variedade dos alimentos, un 60% das familias apoian a variedade, a diferenza dun 17,7% que considera que non é variada ou pouco variada.


Quixemos saber a opinión sobre a calidade da comida servida. Esta pregunta cruzámola coas preguntas abertas, onde ás familias coas súas propias palabras, indicaron as súas impresións. As familias consideran que a calidade da comida é apropiada nun 45,2% ante un grupo de familias que indican que están non conformes ou pouco conformes nun total de 32,2%. Nesta última porcentaxe, as observacións máis frecuentes foron: A comida fría e a certeza de usar produtos conxelados para a elaboración das comidas.


Quixemos saber si existe unha aprendizaxe ou melloría en bos hábitos ao momento de comer. Un 48,4% considera que os seus fillos e fillas aprenden ou consolidan bos hábitos ao comer, mentres hai un 27,4% que considera que non aprenden nada ou moi pouco, o que consideramos unha cantidade significativa.


En canto ao tempo posterior a comer, onde as súas fillas e fillos realizan actividades, non está cuestionada de xeito significativo, tales actividades. Con todo, ao verificar as respostas abertas, indícanse como necesarios á hixiene persoal (man e dentes) dos usuarios, ainda que pouco incentivada.

Preguntámoslle ás familias, si en liñas xerais, está satisfeito co Servizo de Comedor. Un 20,9% das familias están poucas ou nada satisfeitas co servizo de comedor. Un 45,1% indica que sí está satisfeita ou moi satisfeita. Chama a atención que exista un 33,9% que é indiferente ou considera regular o servizo do comedor.


Solicitámoslles ás familias a súa opinión do persoal que traballa no comedor. Un 19,3% das familias opinaron que están poucos ou nada satisfeitos co persoal. Entre os comentarios en respostas abertas, quen opinaron de xeito negativo á pregunta, indican que o persoal non se atopa capacitado para o labor ou para a atención dos nenos e/ou os seus pais, requirindo ser adestrados ou mesmo reemplazalo por persoal novo e capacitado. Outros indican que debe haber máis persoal que faga fronte á cantidade de nenos e nenas que usan o servizo.

Ao contrario, un 69,3% das familias consideran apropiado ou totalmente apropiado devandito persoal. Nas respostas abertas indican que igual é conveniente: maior formación para o persoal; recoñecen o labor de todo o persoal actual, con especial énfasis en Rosa (sic) a cal consideran e agradecen a súa atención e disposición; solicitan tamén, manter ao actual persoal, así como procurar contratar a cantidade adicional que se necesita para cubrir a cantidade de nenos que existe.


Queremos facer notar que nesta pregunta houbo só un 11,3% de familias que responderon como regular ou indiferente, sendo a magnitude máis baixa de todas as preguntas realizadas, ademais, está moi por baixo do promedio de magnitude en todas as respostas, cun 23,72%. Isto suxire que foi a pregunta onde os familiares quixeron manifestarse con maior claridade, ergo, o tema que máis interese esperta.


Conclusións finais


En días posteriores á realización da enquisa, déronse a coñecer os resultados nunha reunión coas familias do CEIP María Barbeito. A tal reunión invitouse, e asistiu, Coral por parte da empresa Jardanay. O cal serviu para ter unha visión moito máis ampla e poder establecer a nosa posición.


É necesario tamén dicir que o noso interese como ANPA, consistiu en ofrecer un espazo ás partes interesadas, a fin de construír unha mellor relación. Durante unha hora atendéronse, de forma xeral, ás diferentes situacións que suceden no comedor.


De todo isto, indicamos a continuación as consideracións que deben evaluarse, superarse ou desenvolverse para xerar unha maior satisfacción de todos os implicados, moitísimo máis énfasis nas nosas fillas e fillos que utilizan o servizo de comedor:


  • Observar e actualizar a normativa do servizo de comedor escolar do CEIP María Barbeito.
  • Desenvolver, instruír e sistematizar protocolos máis dilixentes e precisos para ao Persoal do comedor do CEIP María Barbeito, respecto de os nenos e nenas con dietas especiais por alerxias. Incorporando tamén os mínimos de primeiros auxilios básico.
  • Regular e corrixir as actividades realizadas polos nenos e nenas, posteriores á comida, tomando en conta o metabólicamente correcto en estado de proceso de dixestión.
  • Xerar normativa para o Persoal no uso de dispositivos móbiles durante o tempo no que atenden, vixían e teñen baixo coidado aos nenos e nenas.
  • Establecer tempo para a limpeza dos dentes e as mans dos nenos, posterior á comida.
  • Verificar a cantidade necesaria de persoal necesario, segundo a cantidade de nenos e nenas, corrixindo a falta destes, en caso en que a houber, segundo o disposto pola normativa legal que regula este servizo.
  • Corrixir, verificar e superar a deficiencia na temperatura correcta coa que se está servindo a comida.
    Establecer espazos nos que os pais poidan verificar e presenciar un día de servizo.
  • Xerar mecanismos de diálogo, información e comunicación entre os pais e a empresa Jardanay.
  • Indícaselle ás familias e á empresa que se abrirá un proceso de consulta, co fin de definir as opcións adicionais que se deben tomar, incluíndo a real disponibilidade na cantidade máxima de nenas e nenos que ten o comedor escolar. Igual, verificar e procurar mellorar e ampliar o servizo de madrugadores, moi necesario para as nosas familias.


Aproveitamos para agradecer e recoñecer:


  • A disposición de todas as familias que tiveron a ben responder a enquisa realizada. Así como tamén o seu interese para procurar a mellora do servizo do comedor.
  • O bo labor e desempeño do persoal do Servizo de Comedor.


Todos os interesados neste tema móvenos, por sobre todas as cousas, a saúde, o benestar e o bo desenvolvemento dos nosos fillos e fillas, o noso maior tesouro.


ANPA Agarimo


Clases de ioga para nais e pais do María Barbeito

xoves, 18 de febreiro de 2016



Estariades interesados en diminuír o estres, aumentar a vitalidade, mellorar o sistema inmunolóxico, mellorar a postura e a respiración?

Invitámosvos a praticar esta disciplina milenaria que ten innumerables beneficios para a saúde mental e corporal.

Horario: (a escoller 2 horas semanales, de 4 a 5 ou de 5 a 6)

- LUNS
- MÉRCORES
- XOVES

Lugar: Asociación de Veciños do Ventorrillo.
Prezo: 15 € /mes (socios)

Os interesados pódense poñer en contacto connosco pasándose polo noso local, por correo electrónico ou chamando ao 722 628 280

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: