E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

5 de febreiro: Festa de Entroido

mércores, 27 de xaneiro de 2016


O vindeiro venres 5 de febreiro, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa do Entroido organizada pola ANPA.
As entradas terán un custo de 2 euro para os socios e de 2,5 euros para os non socios. Podedes recollelas no noso local ata o día 4 de febreiro. O día da festa non se entregará ninguna entrada.
As normas son as mesmas de sempre: todolos nenos deberán vir acompañados de polo menos un adulto, non poderá entrar ningún neno alleo ao colexio, agás os irmáns de alumnos, os pais non poderán entrar á pista, só poderán estar na zona das bancadas degustando café, chocolate, doces e non está permitido acceder a pista con alimentos ni con zapatos de tipo non deportivo.
Durante o transcurso da festa realizarase un desfile de disfraces onde haberá un premio para o máis orixinal e elaborado. A temática será libre.
Tamén sortearemos un regalo de entroido entre todos os nenos que nos axuden coa decoración do pabellón, coloreando e decorando o peliqueiro que está pola parte de atrás desta circular e que deberán entregarnos antes do día 5, no noso local.
Como sempre gustaríanos que nos axudásedes achegando algún doce (se é de entroido moito mellor) ou botando unha man na festa. Entre todos os colaboradores sortearemos unha “cesta de Entroido”. Todo o que queira e poida, que nolo comunique previamente. Moitas grazas de antemán.
Esperamos que poidades asistir e disfrutar todos, grandes e pequenos.
IMPORTANTE: Recórdase que o día da festa, o 5 de febreiro, quedan suspendidas todas as actividades que se realicen no propio centro.


ANPA AGARIMO


Actividades – Orzamentos para Programas Municipais pendentes de aprobación

venres, 22 de xaneiro de 2016


Como xa deberíades saber todos pola prensa, a día de hoxe están sin aprobar os orzamentos municipais, o que nos afecta directamente as ANPAs, concretamente a todo o relativo aos programas municipais de actividades. Para informarnos desta situación, fomos convocados a unha reunión de carácter urxente este luns pasado, á que asistimos 3 membros da nosa xunta directiva. 

A día de hoxe a Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña emite un comunicado que queremos compartir con todos vos, para que esteades correctamente informados. Para calquer dúbida que teñades, podedes contactar con nos e intentaremos esclarecela.

Decirvos que pola nosa parte estamos tratando de encontrar a mellor das solucións no peor dos casos, sabemos o importantes que son estos programas a hora de conciliar, por experiencia propia.

Este é o contido do Comunicado, por si tiverades problemas co enlace:










A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña,
   INFORMA:  As actividades de POE, Deporte no Centro e Luditarde, que xestiona esta Federación en colaboración coas ANPAs do municipio, dependen en gran medida da renovación anual dun convenio co Concello da Coruña.
 Este ano, os orzamentos están pendientes de aprobación por mor da falta de acordo dos grupos municipais. Porén e, aínda que todas as forzas políticas coinciden en apoiar a continuidade deste convenio, incluso a súa mellora, a día de hoxe non temos asegurada a financiación nin a continuidade das actividades.
 Xa mantivemos conversas con todas as formacións políticas, estudando diversas opcións, e temos pendente unha xuntanza co alcalde a vindeira semana, que esperamos remate cun compromiso que garanta a continuidade dos programas.
 Tentaremos por todos os medios atopar unha solución o antes posible, para solventar a situación de todas as familias e traballadores afectados, sempre no ánimo de manter os programas. As Anpas, as familias e as nenas e nenos, precisamos dese Convenio co Concello tan importante para a Escola Pública da nosa cidade, o cal permite que as actividades extraescolares cheguen a todo o mundo independentemente dos seus recursos económicos e socias, e que cumplen en moitísimos casos cunha función importantísima como é a conciliación familiar e laboral.
 Manterémosvos informados das novidades e acordos aos que cheguemos.

Convocatoria de Eleccións de Xunta Directiva da ANPA Agarimo

domingo, 17 de xaneiro de 2016



O día 26 de febreiro remata o periodo de dous anos polo que foi elexida a actual Xunta Directiva, e así conforme ao artículo 8 dos Estatutos da Asociación, convócase Asamblea Xeral Extraordinaria para o próximo 25 de febreiro, co seguinte

ORDE DO DÍA
- Elección de Xunta Directiva
A Presidente da ANPA Agarimo

Comedor - 2º Trimestre 2015/16

domingo, 10 de xaneiro de 2016


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o segundo trimestre do curso 2015-16 AQUI.



AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: