E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Actividades – Orzamentos para Programas Municipais pendentes de aprobación

venres, 22 de xaneiro de 2016


Como xa deberíades saber todos pola prensa, a día de hoxe están sin aprobar os orzamentos municipais, o que nos afecta directamente as ANPAs, concretamente a todo o relativo aos programas municipais de actividades. Para informarnos desta situación, fomos convocados a unha reunión de carácter urxente este luns pasado, á que asistimos 3 membros da nosa xunta directiva. 

A día de hoxe a Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña emite un comunicado que queremos compartir con todos vos, para que esteades correctamente informados. Para calquer dúbida que teñades, podedes contactar con nos e intentaremos esclarecela.

Decirvos que pola nosa parte estamos tratando de encontrar a mellor das solucións no peor dos casos, sabemos o importantes que son estos programas a hora de conciliar, por experiencia propia.

Este é o contido do Comunicado, por si tiverades problemas co enlace:










A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña,
   INFORMA:  As actividades de POE, Deporte no Centro e Luditarde, que xestiona esta Federación en colaboración coas ANPAs do municipio, dependen en gran medida da renovación anual dun convenio co Concello da Coruña.
 Este ano, os orzamentos están pendientes de aprobación por mor da falta de acordo dos grupos municipais. Porén e, aínda que todas as forzas políticas coinciden en apoiar a continuidade deste convenio, incluso a súa mellora, a día de hoxe non temos asegurada a financiación nin a continuidade das actividades.
 Xa mantivemos conversas con todas as formacións políticas, estudando diversas opcións, e temos pendente unha xuntanza co alcalde a vindeira semana, que esperamos remate cun compromiso que garanta a continuidade dos programas.
 Tentaremos por todos os medios atopar unha solución o antes posible, para solventar a situación de todas as familias e traballadores afectados, sempre no ánimo de manter os programas. As Anpas, as familias e as nenas e nenos, precisamos dese Convenio co Concello tan importante para a Escola Pública da nosa cidade, o cal permite que as actividades extraescolares cheguen a todo o mundo independentemente dos seus recursos económicos e socias, e que cumplen en moitísimos casos cunha función importantísima como é a conciliación familiar e laboral.
 Manterémosvos informados das novidades e acordos aos que cheguemos.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: