E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Convocatoria de Eleccións de Xunta Directiva da ANPA Agarimo

domingo, 17 de xaneiro de 2016



O día 26 de febreiro remata o periodo de dous anos polo que foi elexida a actual Xunta Directiva, e así conforme ao artículo 8 dos Estatutos da Asociación, convócase Asamblea Xeral Extraordinaria para o próximo 25 de febreiro, co seguinte

ORDE DO DÍA
- Elección de Xunta Directiva
A Presidente da ANPA Agarimo


NORMATIVA ELECTORAL

As elecccións realizaranse dacordo coas seguintes regras, requisitos e procedementos:
  1. As candidaturas que se presenten serán pechadas e completas, debendo figurar nelas os cargos, nomes, apelidos, DNI, firma e a expresa aceptación de cada unha das persoas que formen parte das mesmas.
  2. A candidatura deberá incluír Presidente, Vicepresidente, Tesorero, Secretario e vocales, ata un máximo de dez. Expoñerase no Taboleiro de anuncios do colexio.
  3. As presentacións das candidaturas dirixiranse por escrito ao Presidente da Asociación, depositándoas na Secretaría do colexio ou mediante correo electrónico a anpa.agarimo@gmail.com, admitíndose cantas candidaturas se presenten desde o día desta convocatoria ata as 48 horas previas á data da celebración da Asemblea Xeral.
  4. Poderán constituír candidatura todos aqueles pais ou titores que se atopen ao corrente de todas as súas obrigacións como asociados. As dúbidas que poidan xurdir con respecto á condición ou non de asociados resolveranse mediante correo electrónico á dirección xa mencionada.
  5. Os candidatos poderán difundir a súa candidatura entre os asociados ata 24 horas antes de celebrarse a votación, observando en todo momento o máximo respecto e consideración cara aos outros candidatos.
  6. O proceso das votaciones terán lugar o día 25 de febreiro no local da Asociación, comezando ás 16:00 horas e finalizando ás 18:00 horas, podendo votar os asociados que se atopen dentro do local á hora de peche da xornada electoral.
  7. A Xunta Directiva proverá de papeletas para a votación, que se situarán nunha mesa do local determinado para o proceso.
  8. Os electores depositarán o seu voto na urna, previa acreditación da súa condición de asociado, mostrando carnet de socio e DNI, carné de conducir ou pasaporte, e unha vez comprobada dita condición no censo de asociados.
  9. A mesa estará composta pola Presidente (ou na súa falta, pola Vicepresidente), a Secretaria da Asociación, e un membro designado por cada unha das candidaturas.
  10. O dereito a voto terá carácter persoal e individual, podendo ser exercido tanto polo pai, como a nai e, no seu caso, o titor do alumno do colexio.
  11. Serán nulos os votos que conteñan papeletas distintas ás preparadas pola Xunta Directiva para este proceso, ou que conteñan tachaduras, engadidos, comentarios, etc.
  12. Os compoñentes da mesa votarán en último lugar.
  13. Unha vez finalizada a votación procederase ao escrutinio público dos votos pola Presidente que, abrirá a papeleta, lerá en voz alta o resultado, que mostrará ao resto de membros da mesa, e apuntará a Secretaria.
  14. Será elixida pola Presidente a candidatura máis votada.
  15. No caso de que se presentase unha soa candidatura, esta quedará proclamada como Xunta Directiva de forma automática, non sendo necesario efectuar a votación.
  16. A proclamación da candidatura elixida farase pública a través da páxina web da Asociación.


0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: