E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Arreglo de cubertas por parte do Concello

venres, 11 de marzo de 2016

O pasado venres podíamos ver como a prensa e nas propias páxinas oficiais do Concello e Xunta informaban acerca do acordo  entre ambos para asumir as reparacións necesarias nas cubertas do noso centro. Nese momento puxémonos en contacto tanto con Silvia Cameán (concelleira de Servizos sociais, educación e sanidade) como con Pablo Ferradas (Conselleiro de Cultura, Educación e O.U.) para que nos deran acceso ao contido dese acordo por escrito y poder constatar prazos (se houber) e o alcance exacto da actuación.


Estas foron as súas respostas, recibidas onte no email da ANPA.

De Silvia Cameán:
Bo día,
 En primeiro lugar agradecervos a vosa cordialidade coa que sempre vos dirixides a nós nas lexítimas reivindicacións que facedes. Tal e como vos adiantamos na última xuntanza, a semana pasada mantivemos unha reunión co Conselleiro de Educación para tratar, entre outros asuntos, a substitución das cubertas do CEIP María Barbeito. Nesta xuntanza a Consellería de Educación, dentro das súas competencias, comprometeuse a realizar obras relevantes para diversos  centros de ensino da cidade e o Concello asume, a maiores das obras xa contempladas  para este 2016, a substitución das cubertas restantes no CEIP María Barbeito. Entendemos que estas obras sobrepasan as competencias municipais de mantemento nos centros públicos de ensino, pero decidimos por compromiso coa veciñanza, e en particular coa Comunidade Educativa, asumir  actuacións que permitan reforzar o ensino  público. Para dar cumprimento a este compromiso  xa se incorporou no Proxecto dos Orzamentos 2016 unha nova partida na que se contemplan estas obras. Quedo á vosa disposición para aclarar calquera dúbida. Un afectuoso saúdo,Silvia.


De Pablo Ferradas:

Boa tarde,
en resposta á súa consulta sobre o acordo entre a consellería de Cultura e Educación e o concello da Coruña, temos que confirmarlles que a colaboración interinstitucional vai facer posible asumir as obras precisas para a mellora de varios centros educativos na cidade da Coruña.
Deste xeito, co acordo acadado, o Concello coruñés executará a renovación da cuberta do CEIP María Barbeito, na súa totalidade, e non só a do módulo de infantil, como tiña previsto nun principio. Pola nosa banda, a Consellería vai asumir intervencións para a mellora do aillamento no CEIP Raquel Camacho e para potenciar a eficiencia enerxética do CEIP Ramón de la Sagra.
Queda, así mesmo, aberta unha vía de diálogo para seguir negociado as distintas intervencións precisas noutros centros educativos da cidade.
Agardando ter solventado as súas dúbidas, reciban un atento saúdo,
Gabinete Técnico do Conselleiro de Cultura, Educación e O.U.

Pingueiras e filtracións: Reunión con Silvia Cameán e Belisario Sixto

mércores, 2 de marzo de 2016


Hoxe pola mañá, a última hora, estiveron reunidos Silvia Cameán, concelleira de Servizos sociais, educación e sanidade e Belisario Sixto, inspector de Educación acompañados dun técnico municipal, xunto con diferentes membros da comunidade educativa do colexio María Barbeito, entre eles, dirección, pais de infantil e membros desta ANPA.

A reunión realizouse na biblioteca do colexio e tivemos ocasión de suscitarlles as nosas dúbidas, que son as que seguen.

Cando darán comezo as obras
Están intentando axilizar os prazos pero sempre vai depender do visto bo do técnico respecto das condicións climatolóxicas. É dicir, non hai unha data fixada.

Duración das obras
8 semanas con 4 obreiros traballando

Compatibilidade da execución da obra coa actividade escolar
Non se recomenda que se utilicen esas aulas. Queda en mans do centro decidir onde recolocar estes 75 alumnos para afectar o menos posible ao correcto desenvolvemento da xornada escolar.

Cómo afecta a obra ao resto do colexio
Toda a retirada de materiais é exterior. Vaise a acondicionar un andamio rodeando esa parte do edificio, acondicionando unha vía alternativa de entrada si fose necesario. A empresa adxudicataria está obrigada a cumprir cos parámetros de seguridade que a lei demanda. Isto último inclúe a retirada do amianto presente na uralita que se vai a retirar.

Mañá vanse a reunir a concelleira e o alcalde co Conselleiro en Santiago. Pedímoslles que nos manteñan informados das negociacións e por suposto que se asinen os acordos.

A maiores, prevese comezar as obras do outro edificio de primaria infantil, o que está á beira do pabellón, para o verán. Ese é o único que estaba proxectado pola corporación anterior.

Tamén aproveitamos a ocasión para chamarlles a atención sobre os mantementos que foron deficientes durante moitos anos e agora pagamos as consecuencias.


Ao informarnos a concelleira de que mañá falarían co Conselleiro da Xunta, pedímoslle que nos dixese onde se realizará tal reunión a fin de entregarlles a ambos un escrito en nome do ANPA. Ao ser en Santiago, optamos por facelo vía electrónica.

Transcrición literal da Acta - 25 de febreiro de 2016


Reunidos ás 17.45h. en primeira convocatoria, e ás 18.15 horas en segunda, da tarde do día 25 de febreiro do 2016, no salón de actos do CEIP María Barbeito e Cerviño, iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa Agarimo e na que se trataron os seguintes puntos da orde do día: 

0.- Saúdo da Presidente, agradecendo a presencia de todos os pais e nais presentes.

1.-Temas varios do comedor. Queixas, suxerencias e normas. 

Dada a cantidade de queixas recibidas ao longo deste curso tanto pola parte dos usuarios do comedor como do colexio, nos planteamos realizar unha enquisa na que os pais poideran plantear todas as suas queixas, suxerencias e agradecedementos e convocar unha reunión na que estivera presente a supervisora da empresa que leva o servizo, Coral. Pola nosa parte decir que este ano foi un ano especialmente complicado debido ao incremento de usuarios (de 100 pasamos a 160 aproximadamente), destacando que non foi un incremento equilibrado por niveles educativos, senón que case todo foi na etapa de infantil, que son os que requiren mais atención, resaltando que o espazo do comedor é o mesmo, hai un único turno e o ratio que sigue sendo por lei moi elevado.

Coral empeza o seu turno de palabra aclarando algunha das queixas planteadas na enquisa. Unha delas é que os nenos non poden repetir platos. Coral afirma que todos os días se tira comida, e que sempre se lles pregunta se queren mais, pero por exemplo si un neno ten o plato de comida sen empezar e só comeu pan e quere mais pan, non se lle deixa comer mais pan. Tamén aclara que a comida non se sirve ningunha comida conxelada, nin tan sequera o pescado.

Tamén hai moitas familias que opinan que os nenos comen a comida fría. Coral explica como ven a comida e cal é o control que se lle fai de temperatura. A comida chega sempre ao plato a 65ºC. Polo tanto a comida se presenta sempre quente, se por calquer circunstancia (o neno entretense e non a come ao momento) a comida enfría, a comida non se requenta. É inviable facelo para 160 usuarios.

En canto a non formación dos empleados sobre alerxias, Coral informa que todos reciben anualmente os cursos que por lei son obrigatorios sobre alerxias. Unha nai expresa a sua disconformidade posto que a sua filla foi obrigada a comer un iogur con piña sendo intolerante a fructosa e outra nai indica que confundiron o menú da sua filla (celíaca) co de outra nena cos mesmos apelidos que ese día tiña programada unha dieta branda. Consideramos desde a ANPA que deben revisar o protocolo de alerxias e melloralo para que non volvan a ocurrir esos errores que consideramos graves.

Outra nai queixase de que a seu fillo deronlle como almorzo durante unha semana un simple petit suise a principios de curso. O neno xa non é usuario de Madrugadores. No seu día fomos a falar co persoal de Madrugadores e informousenos que ese neno chegou todos os días despois das 8:30 e existe unha normativa que di que non se sirven almorzos despois desa hora, só se adican ao coidado. Pídeselle a Coral que revise ese caso de novo.
Falase de si o personal é suficiente e está atento aos nenos. Prodúcese un accidente no que un neno rompe unha perna e unha nai di non ter explicación por parte do comedor de cómo puido pasar ese feito. Coral da como explicación de que un neno caeu sobre o outro, sen entrar en mais explicacións.

Unha nai queixase das malas formas que ten unha das coidadoras para referirse aos nenos. Desde a ANPA tampouco nos parecen acertadas e esiximos que se tomen as medidas oportunas se realmente é así.

Tanto na enquisa como as nais presentes tamén se queixan da forma que teñen de chamar a atención para que os nenos que están armando follón calen. Nos referimos a apagar as luces. Aclaramos que as persianas nunca se pechan e en canto a apagar as luces, ainda que non o consideramos grave dado que se fai a plena luz do día, e durante un corto periodo de tempo (segundos), respetamos a opinión dos pais para que se busquen outras opcións para facer prestar a atención dos nenos.

Coral termina, para poder continuar a nosa reunión, ofrecendo o seu teléfono para aclarar calquer outro problema personalmente e invitando aos pais a poder asistir ao comedor e probar a comida o día que así o desexen.

Pola nosa parte comentamos que seguiremos peleando para que se poida ofrecer Madrugadores dende as 7:30, informando que ten que ser aprobado no Consello Escolar.

2.- Problemas de filtracións e pingueiras.

Empeza a Presidente explicando que os problemas de filtracións veñen de vello e constan nas administracións competentes escritos e informes presentados por Dirección. Neste curso a situación complicouse especialmente nunha das aulas de infantil e xurdiron iniciativas por parte de pais e nais buscando unha solución inmediata. Que nos consten, duas:
·         solicitud de firmas para presentar no concello
·         contacto directo co concello e prensa
Agradecemos ambas iniciativas porque de feito coa segunda se conseguiu unha reacción das instituccións: visita do Xefe Territorial, Inspección, etc e sobre todo, finalmente, se consigue o compromiso de actuación urxente sobre a cuberta de infantil, como todos sabedes, que se comenzará cando o bo tempo o permita.

Varios pais do grupo dos que fixeron xestions frente a prensa e as institucións manifesta que se sentiron solos cando empezaron. A presidente aclara que no mesmo momento en que se puxeron en contacto con ela, propuxo facer unha reunión aberta con todos os pais para poñer en común ideas e poñer en marcha as medidas que nese momento se acordaran (usar contactos en prensa e tv, etc). Si decidiron tomar esas medidas eles mesmos antes da reunión non foi porque a ANPA se negase a participar. Aclaramos que como ANPA non sempre temos información inmediata de todo o que pasa no colexio, menos aún se os pais non procuran informar aos integrantes da ANPA. As esixencias de estos pais implicados, en concreto, foron acompañadas dun proceder pouco axustado para este tipo de reunión, onde había nenos presentes, abandonando o recinto atropelladamente sen rematar o tema nen a asamblea.

Pola nosa parte nos comprometemos a continuar executando as accións necesarias para que sustituan as tres cubertas en colaboración con todos os pais e nais, para o cal se infomará puntualmente de novas iniciativas usando os medios existentes( tokapp , web, tv, etc)

A presidente fai alusión ao proxecto do concello para a cuberta de infantil que xa está en espera de poderse executar cando a climatoloxía o permita. As actuacións no resto das cubertas dependen de que Xunta e concello se poñan de acordo sobre quen os financia. En conclusión, hai que seguir facendo presión para que o tema non quede esquencido nun caixon.

Por último unha nai aporta unha nova idea que é xuntar firmas baixo a plataforma gratuita change.org. Estudiarase.

3.- Excursión de 6º EP. Primeira toma de contacto.

Informamos aos pais que empezamos fai dous anos axudando coa organización tanto da excursión como nos pinchos que se fan o día da graduación. O primeiro ano foi unha saída de un día a un parque de aventuras en Marín, acompañados de 2 pais e 2 nais voluntarias. Saiu en 30€ e o resultado foi moi bo. O segundo ano organizouse unha estancia de 2 noites e 3 días nun camping no Grove con actividades organizadas, con un custo de 100 € aproximadamente e que tivo moito éxito. Non é unha saída obrigatoria senon que complementa a calquer outra que decidan facer de maneira oficial. A idea é saber a cantos lles pode interesar e poñerse a buscar opcións. Nos ofrecemonos, como sempre, como medio para comunicarse entre pais, búsqueda de alternativas e o que xurda.

4.- Renovación Xunta Directiva

Se informa que non se presentou ningunha candidatura nova no plazo estipulado e que polo tanto non foi necesario levar a cabo a votación. Infórmase dos cambios na candidatura actual, quedando a nova xunta directiva así:

Presidente: Berta Seijo Sánchez
Vicepresidente: Mario Santana Golding
Secretaria: Virtudes Castro Villar
Tesoreira: Ana María Piñeiro Lago
Vocais:
Olga Veiga Vázquez (Representante no Consello Escolar)
Ana Alho Ventureira
Mª Teresa Losada Quintela
Araceli Balseca Ricaurte
Manuel Esteban Carrasco
José Antonio Rial Sánchez
Alberto Romero Rial
Oriol Sarmiento Díez

Resaltar que somos unha ANPA aberta donde todos poden participar. Mantemos abertos todos os canles para que se manteña unha comunicación o mais fluida posible: o noso local, teléfono, correo electrónico, web e facebook.

5.- Rogos e preguntas.

Non houbo.

Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a asemblea ás 20.15h.

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: