E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Arreglo de cubertas por parte do Concello

venres, 11 de marzo de 2016

O pasado venres podíamos ver como a prensa e nas propias páxinas oficiais do Concello e Xunta informaban acerca do acordo  entre ambos para asumir as reparacións necesarias nas cubertas do noso centro. Nese momento puxémonos en contacto tanto con Silvia Cameán (concelleira de Servizos sociais, educación e sanidade) como con Pablo Ferradas (Conselleiro de Cultura, Educación e O.U.) para que nos deran acceso ao contido dese acordo por escrito y poder constatar prazos (se houber) e o alcance exacto da actuación.


Estas foron as súas respostas, recibidas onte no email da ANPA.

De Silvia Cameán:
Bo día,
 En primeiro lugar agradecervos a vosa cordialidade coa que sempre vos dirixides a nós nas lexítimas reivindicacións que facedes. Tal e como vos adiantamos na última xuntanza, a semana pasada mantivemos unha reunión co Conselleiro de Educación para tratar, entre outros asuntos, a substitución das cubertas do CEIP María Barbeito. Nesta xuntanza a Consellería de Educación, dentro das súas competencias, comprometeuse a realizar obras relevantes para diversos  centros de ensino da cidade e o Concello asume, a maiores das obras xa contempladas  para este 2016, a substitución das cubertas restantes no CEIP María Barbeito. Entendemos que estas obras sobrepasan as competencias municipais de mantemento nos centros públicos de ensino, pero decidimos por compromiso coa veciñanza, e en particular coa Comunidade Educativa, asumir  actuacións que permitan reforzar o ensino  público. Para dar cumprimento a este compromiso  xa se incorporou no Proxecto dos Orzamentos 2016 unha nova partida na que se contemplan estas obras. Quedo á vosa disposición para aclarar calquera dúbida. Un afectuoso saúdo,Silvia.


De Pablo Ferradas:

Boa tarde,
en resposta á súa consulta sobre o acordo entre a consellería de Cultura e Educación e o concello da Coruña, temos que confirmarlles que a colaboración interinstitucional vai facer posible asumir as obras precisas para a mellora de varios centros educativos na cidade da Coruña.
Deste xeito, co acordo acadado, o Concello coruñés executará a renovación da cuberta do CEIP María Barbeito, na súa totalidade, e non só a do módulo de infantil, como tiña previsto nun principio. Pola nosa banda, a Consellería vai asumir intervencións para a mellora do aillamento no CEIP Raquel Camacho e para potenciar a eficiencia enerxética do CEIP Ramón de la Sagra.
Queda, así mesmo, aberta unha vía de diálogo para seguir negociado as distintas intervencións precisas noutros centros educativos da cidade.
Agardando ter solventado as súas dúbidas, reciban un atento saúdo,
Gabinete Técnico do Conselleiro de Cultura, Educación e O.U.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: