E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Pingueiras e filtracións: Reunión con Silvia Cameán e Belisario Sixto

mércores, 2 de marzo de 2016


Hoxe pola mañá, a última hora, estiveron reunidos Silvia Cameán, concelleira de Servizos sociais, educación e sanidade e Belisario Sixto, inspector de Educación acompañados dun técnico municipal, xunto con diferentes membros da comunidade educativa do colexio María Barbeito, entre eles, dirección, pais de infantil e membros desta ANPA.

A reunión realizouse na biblioteca do colexio e tivemos ocasión de suscitarlles as nosas dúbidas, que son as que seguen.

Cando darán comezo as obras
Están intentando axilizar os prazos pero sempre vai depender do visto bo do técnico respecto das condicións climatolóxicas. É dicir, non hai unha data fixada.

Duración das obras
8 semanas con 4 obreiros traballando

Compatibilidade da execución da obra coa actividade escolar
Non se recomenda que se utilicen esas aulas. Queda en mans do centro decidir onde recolocar estes 75 alumnos para afectar o menos posible ao correcto desenvolvemento da xornada escolar.

Cómo afecta a obra ao resto do colexio
Toda a retirada de materiais é exterior. Vaise a acondicionar un andamio rodeando esa parte do edificio, acondicionando unha vía alternativa de entrada si fose necesario. A empresa adxudicataria está obrigada a cumprir cos parámetros de seguridade que a lei demanda. Isto último inclúe a retirada do amianto presente na uralita que se vai a retirar.

Mañá vanse a reunir a concelleira e o alcalde co Conselleiro en Santiago. Pedímoslles que nos manteñan informados das negociacións e por suposto que se asinen os acordos.

A maiores, prevese comezar as obras do outro edificio de primaria infantil, o que está á beira do pabellón, para o verán. Ese é o único que estaba proxectado pola corporación anterior.

Tamén aproveitamos a ocasión para chamarlles a atención sobre os mantementos que foron deficientes durante moitos anos e agora pagamos as consecuencias.


Ao informarnos a concelleira de que mañá falarían co Conselleiro da Xunta, pedímoslle que nos dixese onde se realizará tal reunión a fin de entregarlles a ambos un escrito en nome do ANPA. Ao ser en Santiago, optamos por facelo vía electrónica.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: