E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

24 de febreiro: Festa de Entroido

venres, 10 de febreiro de 2017

O vindeiro venres 24 de febreiro, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa do Entroido organizada pola ANPA.


As entradas terán un custo de 1 euro para os socios e de 2 euros para os non socios. Podedes recollelas no noso local e na entrada da festa.
As normas son as mesmas de sempre: todolos nenos deberán vir acompañados de polo menos un adulto, non poderá entrar ningún neno alleo ao colexio, agás os irmáns de alumnos, os pais non poderán entrar á pista, só poderán estar na zona das bancadas degustando café, chocolate, doces e non está permitido acceder a pista con alimentos ni con zapatos de tipo non deportivo.
Durante o transcurso da festa realizarase un desfile de disfraces onde haberá un premio para o máis orixinal e elaborado. A temática será libre.
Esperamos que poidades asistir e disfrutar todos, grandes e pequenos.
IMPORTANTE: Recórdase que o día da festa, o 24 de febreiro, quedan suspendidas todas as actividades que se realicen no propio centro.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: