E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Menú do comedor primeiro trimestre 2017-18

sábado, 30 de setembro de 2017



Xa podedes consultar o menú do comedor para o primeiro trimestre do curso 2017-18:

Listaxes definitivas das becas de comedor

venres, 29 de setembro de 2017

Informannos que acaban de publicar as LISTAXES DEFINITIVAS das bolsas de comedor para este curso 2017-2018. Os solicitantes da beca de comedor poden ter información no servicio telefónico 010 e no Centro Cívico correspondente.

Erros no cadro de actividades

venres, 15 de setembro de 2017

Avisamos dun par de erros no cadro de actividades de este ano:

En Judo: os Martes e Xoves de 16:00 a 17:00 irán os nenos de Educación Infantil e tamén os de 1º e 2º de Primaria, os Martes e Xoves de 17:00 a 18:00 irán os nenos de 3º a 6º de Primaria.

En Guitarra: suben as cotas de 12 a 16€ pero agora se da unha única clase de dúas horas os Xoves de 16:00 a 18:00.

Desculpade as molestias ocasionadas e lembramos que o luns 18 de setembro tamén e día de inscricións no Colexio.



Listado de becas comedor

xoves, 14 de setembro de 2017

Aquí tedes toda a información do Concello da Coruña relativo ás becas de comedor a día de hoxe: ENLACE. Os beneficiarios teñen que recoller un Anexo e entregalo ata o día 22 de setembro. 


Actividades extra-escolares 2017-2018

mércores, 13 de setembro de 2017

Coma cada ano, xa estamos co gallo das inscricións nas actividades, no comedor e as renovacións e altas dos socios da ANPA.

Neste ENLACE podedes ver o cadro de actividades ás que podedes apuntar ás vosas crianzas coas tarefas e horarios especificados.

Lembrade que para poder apuntarvos ás actividades será necesario ser socio da ANPA ou abonar unha cota anual de 15€ en concepto de gastos.

As datas e horarios de inscripción serán:
  • Xoves 14 de setembro de 16:15 a 18:00 
  • Luns 18 de setembro de 16:15 a 18:00 
Lugar: Salón de Actos do centro

Despois desas datas seguiremos atendendo no local da ANPA pero tede en conta que algunhas actividades teñen prazas limitadas. Tamén podedes contactar a través da nosa páxina de Facebook calquera dúbida que teñades. Tamén temos á vosa disposición o noso blog coas últimas novidades.

Recibide unha calurosa aperta e moitos ánimos para este ano que temos por diante.

Comedor: menú de setembro

martes, 12 de setembro de 2017

Xa podedes consultar o menú do comedor para o mes de setembro do curso 2017-18: MENÚ


Volta ao cole

luns, 11 de setembro de 2017




Xa estamos de volta! Benvidos a todos e todas!

Dende a ANPA queremos darvos a benvida a este novo curso 2017-2018.

Hoxe luns comeza o curso, aínda que os máis pequenos o farán paulatinamente esta semana.

Os que querades apuntarvos ao comedor ou madrugadores, lembrade que o máis cómodo e facelo directamente con JARDANAY, a empresa que leva o servizo.

Dende hoxe estaremos facendo socios da ANPA. A tarifa é a mesma, 15 euros ao ano por familia. Os socios do ano pasado tedes que renovar a suscrición. Se non fuches socio nunca, ¿a que estás esperando? Tamén necesitamos país e naís que queran formar parte da directiva que ampliaremos na vindeira Asamblea.

Na xunta directiva traballamos voluntariamente por e para os teus/nosos fillos. Por eso é necesaria a tua colaboración. A existencia da ANPA é fundamental para que o colexio funcione e, sen socios nene directiva, non hai ANPA. Podes facerte socio contactando con nós no Colexio (Impreso de ALTA PARA FACERSE SOCIO).

¡Feliz volta ao cole!

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: