E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Volta ao cole

luns, 11 de setembro de 2017




Xa estamos de volta! Benvidos a todos e todas!

Dende a ANPA queremos darvos a benvida a este novo curso 2017-2018.

Hoxe luns comeza o curso, aínda que os máis pequenos o farán paulatinamente esta semana.

Os que querades apuntarvos ao comedor ou madrugadores, lembrade que o máis cómodo e facelo directamente con JARDANAY, a empresa que leva o servizo.

Dende hoxe estaremos facendo socios da ANPA. A tarifa é a mesma, 15 euros ao ano por familia. Os socios do ano pasado tedes que renovar a suscrición. Se non fuches socio nunca, ¿a que estás esperando? Tamén necesitamos país e naís que queran formar parte da directiva que ampliaremos na vindeira Asamblea.

Na xunta directiva traballamos voluntariamente por e para os teus/nosos fillos. Por eso é necesaria a tua colaboración. A existencia da ANPA é fundamental para que o colexio funcione e, sen socios nene directiva, non hai ANPA. Podes facerte socio contactando con nós no Colexio (Impreso de ALTA PARA FACERSE SOCIO).

¡Feliz volta ao cole!

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: