E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Campaña de natación escolar 2017-2018. Recomendación e horarios

martes, 3 de outubro de 2017

A partires de esta semana o noso centro incorpóase á campaña de natación escolar deste curso. Estas son as recomendacións básicas:

O colexio tómase como referencia para a recollida e entrega dos escolares as suas familias. O centro garantirá a presenza dun adulto que se fará responsable dos alumnos no tempo que permanezan na parada.

Os escolares irán acompañados no autobús dunha persoa coa tarefa de coidadora. A ANPA nomeará un responsable para a realización da campaña de natación escolar que disporá dun teléfono de contacto para posibles incidencias.

A actividade desenvólvese os venres. O horario de recollida é ás 15:50 na porta do centro. A entrega ás 17:25 no mesmo lugar.

Para calquera aclaración, dentro do horario da actividade, o coordinador do Servizo municipal de deporte é Antonio Pedraz Pollo é o seu teléfono é 630 060 359.

A actividade de natación lévase a cabo por niveis de tal xeito que, faise unha evaluación inicial do alumnado e ábrese unha ficha individual co fin de recoller a evolución de cada neno ou nena ó longo do curso. As clases de natación teñen unha duración de 45 minutos reais e dáselles 10 minutos para cambiarse antes e despois da actividade co fin de que o tempo de ocupación da clase, vestiario e transporte non sexa excesivo para os escolares.

Por todo iso, fannos as seguintes recomendacións:

  • Que o neno ou nena utilice ropa axeitada, cómoda que lle facilite a tarefa de vestirse e espirse. É convinte que o seu vestiario e obxectos persoais (toalla, gorro...) estean marcados co seu nome, apelidos e colexio para evitar posibles perdas.
  • O equipamiento básico de natación será o seguinte: chancletas, gorro e toalla. É convinte usar albornoz e gafas de baño, no caso de que os nenos ou nenas poidan ser sensibles a los productos propios da auga da piscina. De calqueira maneira, as gafas non se usarán ó comenzo da campaña para unha maior adaptación ó medio acuático.
  • Aconséllase que non traian obxectos personais como reloxo, cadeas, aneis, etc.
  • Sería convinte que leven unha bolsa accesoria co fin de separar as prendas secas da roupa mollada.
  • Os nenos e nenas dúchanse antes de entrar na piscina para a inmersión e despóis para eliminar o cloro.
  • O transporte deberase realizar no autobús facilitado ó efecto que levará unha persoa adulta coa función de acompañante. Nos casos especiais, autorizarase a entrega e recollida dos escolares sempre que se asuma por parte da familia dita responsabilidade. Para iso, debe notificarse cubrindo un impreso que se lle facilitará no centro onde estea matriculado o neno ou nena.
  • No seu momento suministraráse ás familias unha información persoal da evolución do seu fillo ou filla na campaña de natación.
  • Por último, comunicámosvos o teléfono da piscina para calquera aclaración (piscina de Riazor): 981 18 98 00.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: