E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Subvención comedor curso 2015-2016

venres, 20 de outubro de 2017

¡Ola a todos! Hai ben tempo que moitos nos preguntades cándo se iban a entregar os cartos da subvención do comedor do curso 2015-2016. Ben, pois estamos encantados de poder anunciar que se acabou a espera. A partires da semana que ven, ábrese o prazo para recoller os vosos cartos no caso de cumplirdes as seguintes normas:

1. Ter utilizado o servizo de comedor por un período mínimo de 5 meses durante o curso 2015/16.

2. Non ter sido destinatario doutra axuda para o mesmo servizo.

3. Non ter ningún tipo de débeda con Jardanay nin coa ANPA.

A entrega dos cartos faráse entre os días luns 23 e xoves 26 de outubro de 2017 no noso local. O luns, de 16:00 a 18:00 e o martes, o mércores e o xoves de 16:00 a 17:00. A partires desta data teríadesvos que poñer en contacto con nós a traverso da nosa páxina de facebook, do noso correo electrónico anpa.agarimo@gmail.com ou mesmo do noso teléfono 607 042 949.

O prazo máximo de entrega é o día 15 de xuño de 2018. O diñeiro que ninguén reclame investirase en melloras do servizo.


¡Unha forte aperta!


0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: