E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Prazas vacantes nos campamentos urbáns

mércores, 19 de xuño de 2019



Quedaron algunhas plazas vacantes nos campamentos urbáns. Poñemos a ligazón onde as podedes consultar e ¡¡ollo!! a inscripción é este sábado 22 e por orde de chegada 

Cambio no menú do mércores e o xoves



Informamosvos dun cambio que nos comunican dende Jardanay sobre o menú do comedor:

Queremos comunicarvos un cambio no menú do día de hoxe, mércores 19 de xuño, e de mañá, xoves 20 de xuño.
Debido a un problema cos provedores, non podemos servir a tortilla paisana que tiñamos prevista para hoxe. Para solucionalo, adiantamos o prato de mañá, pescada á romana, para hoxe e mañá serviremos a tortilla paisana.

É dicir, os nenos hoxe comerán pescada á romana e mañá, tortilla paisana. A guarnición de ambos os pratos mantense sen cambios. A guarnición de ambos os pratos mantense sen cambios.

Campamentos de verán 2019

luns, 17 de xuño de 2019



Coma nós, sabemos que moitos de vos estabades agardando polos campamentos de verán do Ágora/Fórum e, agora que non van saír, toca buscar alternativas.

  Aquí vos deixamos as ofertas de tres empresas coas que   colaboramos, por se a algún de vos lle soluciona.

- SerOcio:
   Ofrece campamentos con posibilidade de madrugadores e comedor tanto no CEIP María Pita coma no CEIP Zalaeta. Se se desprazasen alumnos suficientes dende este centro, inclusive poderían poñer bus (consultade a posibilidade con eles directamente).
   Ten unha opción Low Cost no CEIP Wenceslao que sae un pouco mais económica ao prescindir das excursións pero tamén ten madrugadores e comedor para quen o precise

   Desconto dun 5% para socios da ANPA AGARIMO.




A 2 minutos andando do noso colexio.Oferta campamentos multideportivos de 09.00 a 14.00 en Xuño, Xullo e Agosto.Desconto do 5% para socios da ANPA AGARIMO.




- JumpingKids

Campamento en Xullo de 10.00 a 14.00 con posibilidade de amplialo dende as 09.00h.






FESTA FIN DE CURSO

venres, 7 de xuño de 2019




¡¡¡¡FESTA FIN DE CURSO!!!!



E tocará despedir o curso como se merece non???

Estamos a preparar unha gran festa onde haberá hinchables, obradoiros,

música, xogos, sorteos e sobre todo…. MOITA DIVERSIÓN !!!!!!


Día: Venres 21 de Xuño



Horario: 16 a 19 horas



Lugar: CEIP María Barbeito (instalacións exteriores)



Prezo:

- Entrada anticipada: 1€ socio /  2€ non socio

- Entrada o mesmo día: 2€ socio /  3€ non socio



Venta de entradas:

No local da Anpa os luns, mércores e venres de 9:00 a 9:30 

e mércores pola tarde de 15:00  a 16:00 .





Estade atentos ao Facebook da Anpa onde vos iremos 

desvelando cousiñas... 😊😊







ACTA ASAMBLEA XERAL 22/05/19

mércores, 5 de xuño de 2019

Queridas familias:

Poñemos á vosa disposición a acta da Asamblea Xeral celebrada o pasado 22 de maio, a cal tiña os seguintes puntos do día:

1. Cambio da Xunta Directiva
2. Novo Regulamento do Comedor
3. Renovación da cuota de socios
4. Comunicación dos resultados das enquisas de actividades extraescolares.
5. Excursión e graduación de 6º de Primaria.
6. Rogos e preguntas

Un sáudo


ABERTO PRAZO DE RENOVACIÓN SOCIOS ANPA 2019/20

martes, 4 de xuño de 2019


ABERTO PRAZO DE RENOVACIÓN SOCIOS ANPA 2019/20

"Non deixes para mañá o que podas facer hoxe ou, neste caso, non deixes para Septembro o que poidas facer en Xuño"

Recordade que mañá abrimos o prazo de renovación de socios da ANPA AGARIMO de cara ao curso 2019/20 e tamén a renovación do comedor.
Tal e como se acordou na asamblea do pasado 22 de maio, a cuota pasa a ser de 20€ por familia.
Traede o carné en vigor deste ano pois manteredes o mesmo número e, se é posible, vide cos cartos xustos.
Agardámosvos mañá! Feliz noite familias 😘

Admisións e listas de espera nos campamentos urbáns dos centros cívicos

martes, 28 de maio de 2019


Verán 2019

Na seguinte ligazón podedes consultar as admisións e listas de espera nos campamentos urbáns dos centros cívicos

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/admisiones-y-listas-de-espera-en-los-campamentos-urbanos-de-los-centros-civicos/suceso/1453697351840


Graduación 2019

luns, 27 de maio de 2019




Recordade levar as fotos das vosas crianzas para que así poidan verse o día da Graduación

Campacoles verán 2019

mércores, 22 de maio de 2019



Axuda libros de texto e material escolar 2019/20



Aquí tendes a ligazón da Orde que regula o fondo solidario dos libros de texto e a súa adquisición; así como de material escolar:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0534-060519-0007_es.pdf

Beneficiarias:

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a continuación:


a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria ( EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º
de de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.




Educar en igualdade: Coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familias

domingo, 19 de maio de 2019


Dende a Subdirección de Promoción da Igualdade vanse celebrar unhas xornadas de nais e pais que levan por título “Educar en igualdade: Coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familiasEstas xornadas realizarase na cidade da Coruña o día 31 de maio ás 17h na Delegación Tarritorial da Xunta de Galicia  (praza de Luis Seoane, s/n).

Xúntovos o enlace da páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade na que está a documentación das xornadas: http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/secretaria-xeral-da-igualdade-organiza-xv-xornadas-de-nais-e-pais-educar-en-igualdade
Durante a xornada funcionará un servizo de atención a menores (de 12 meses a 10 anos) baixo petición ao correo electrónico xornadas.igualdade@xunta.gal.

Xa que a capacidade é limitada, a admisión será por rigorosa orde de inscrición. As inscricións deben remitirse tamén ao enderezo xornadas.igualdade@xuntagal ata o día 29 de maio.

Se tedes algunha dúbida podedes tamén chamar aos teléfonos 981 545 360 e 981 545 312.

Exhibicións actividades extraescolares fin de curso

sábado, 18 de maio de 2019


Excursión e festa 6º Primaria

mércores, 15 de maio de 2019


Convocatoria de Asamblea Extraordinaria

martes, 14 de maio de 2019

Prezadas familias,

Pola presente, convocamosvos a todos e todas á asamblea que terá lugar o próximo mércores día 22 as 16.00 en primera convocatoria e as 16.30 en segunda convocatoria, cos seguintes puntos no orden do día:

1. Cambio Xunta Directiva
2. Aprobación do novo Regulamento do Comedor
3. Renovación cuota socios
4. Comunicación de resultados das enquisas de actividades extraescolares

A continuación da asamblea, farase unha reunión informativa sobre a excursión e graduación de 6* Primaria.

Coa intención de que poidades participar o maior número de familias posibles, haberá servicio de canguraxe para xogar coas nosas crianzas mentras dure a asamblea. Aqueles que precisedes deste servizo tedes que solicitalo por mail ou Whatsapp indicando nome do menor e curso. A data tope é o luns 20 de maio.

Agardámosvos!!

Un saúdo. ANPA AGARIMO

Menú do comedor do terceiro trimestre 2018-19


AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: