E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Deica Setembro!

domingo, 23 de xuño de 2019

E así, coa que esperamos que fose unha gran festa de fin de curso, demos por rematado este curso 2018/19.

Mais abaixo podedes velo resultado das enquisas de extraescolares e unha ligazón onde podedes consultar os libros de texto e o material para o ano que ven así como dúas librerías onde podedes conseguilo cun desconto grazas a ser socios da ANPA.

Sobre a festa, queremos pedirvos desculpas polos problemas que houbo á primeira hora e que nos impedían ter 2 dos 4 inchables que había funcionando. A corrente eléctrica saltaba e levounos un pouquiño de tempo solucionalo pero finalmente todo se arranxou e agardamos que os nenos e nenas o pasaran en grande porque esa era nosa intención.

Queremos agradecer novamente a colaboración a todas as empresas que dun xeito ou outro contribuíron a que puidésemos sortear  cousiñas ou a que os nenos se fosen cun agasallo como é o caso de GADIS..... Moitas grazas a todos ( Okay,  Gadis,  Jardanay, Fantasía,  Dumbo, Area Pádel,  Lollipops, Todo Lar e Bambi)

E como non, agradecer aos que nos ceden a testemuña na Xunta Directiva do ANPA todo o seu apoio incondicional, experiencia e paciencia coa que nos axudaron (e o seguirán facer).

E nada máis familias!! Agora toca aguant... digooooo gozar das nosas crianzas todo o verán!! Desfrutar moito do sol, a praia, o campo ou o que a cada un lle guste e o tempo nos permita e volver en setembro coas pilas cargadas!!

Feliz Noite de San Xoan e Feliz Verán a todos!!!

ANPA  AGARIMO




0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: